Cea de Nadal para o equipo de Amencer
A Asociación Xuvenil Amencer organizou a súa tradicional cea de Nadal para animadores/as da entidade. Trátase da súa tradicional cea navideña que se desenrola nos seus locais e coa que buscaron compartir, unha vez máis, a súa actividade e vida de voluntariado social nunha datas tan significativas para as asociacións cristiás como é a súa.
Paralelamente non paran as actividades organizadas para a cativada no marco do “Nadal en Amencer” con actividades diferentes para cada día e para todas as idades escolares. Un proxecto que xorde como resposta ante a necesidade de que os rapaces/zas destas idades teñan unha oportunidade de ocupar o seu tempo libre dunha maneira lúdica e educativa.
Contenido patrocinado