TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
TALLERES DE ARTESANÍA
O vindeiro 8 de setembro, Allariz acollerá o Mercado de Artesanía “Arte de Man”, un evento que reunirá a destacadas persoas artesás e creadoras de Allariz e do resto de Galicia na Zona Santo Estevo. Dende ás 11,00 horas ata ás 20,00 horas, quen asista poderá gozar dunha xornada dedicada á creatividade e á arte manual.
O mercado contará coa participación dunha diversa selección de artesás e artesáns, incluíndo a A.N.D.R.E.A, Mor Talla, Paulinha Dárzoa, Zeltia Ao Aire, Upside Down, Magari Clay, Olería de Batán, Minha Naicinha, 3D Impresión, Xabier Varela, Luis Pachón, Artesanía Nómada, Estudo Aldea, Xogo de Fíos, Beatriz Fraga-Cestería, Enxógate, Rio Mao Estudio, Eugenio Soto-Vidreiro, Museo do Coiro e Berce do Lume. Cada persoa participante ofrecerá produtos únicos e feitos a man, mostrando a rica tradición artesanal tanto da localidade como de diferentes recunchos de Galicia.
O evento tamén ofrecerá dous obradoiros gratuitos abertos a todas as persoas a partir de 6 anos
Ademais da exposición e venda de produtos artesanais, o evento ofrecerá dous obradoiros gratuítos abertos a todas as persoas a partir de 6 anos, priorizando sempre ás persoas menores de idade. Ás 12,00 horas, Rio Mao Estudio levará a cabo un obradoiro de creación de pulseiras, e ás 17,00 horas, Xaime González dirixirá un obradoiro de estampaxe de bolsas de tea. Ambos obradoiros non requiren reserva previa, pero teñen capacidade limitada, polo que se recomenda chegar cedo para asegurar un lugar.
A xornada tamén contará con animación musical en vivo de 17,00 horas ás 19,00 horas, a cargo de Pirata Sen Parche, o que promete engadir un toque festivo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un minibús escolar tras salirse de la vía en Allariz
Lo último