Arturo Guede: "Cando fas unha viaxe só, hai momentos malos, es ti contra o mundo"
Entrevista a Arturo Guede, el ourensano que recorrió África de norte a sur con una bicicleta y dos mudas
Arturo Guede é un fisioterapeuta alaricano que leva miles de kilómetros na mochila. En 2017 fixo 16.000 kilómetros en bicicleta por Australia despois da morte do seu pai e sete meses de viaxe estivo este ano percorrendo África con pouco máis que a súa bici, unha tenda de campaña e dúas mudas.
Como comezou a súa afección por percorrer kilómetros?
Eu de pequeno non viaxaba moito, pero sempre me chamou a atención, vendo documentais de vida salvaxe. Na carreira non puiden ir de Erasmus, que era o que máis me chamaba a atención para ir a outro país. Quedoume esa espiña, entón, despois de que falecera o meu pai, decidín darlle un cambio de rumbo a miña vida, ir ao extranxeiro. Estaba en Madrid organizando para ir a vivir a Francia, e fun dous meses a Tailandia só. Alí foi onde me din conta que me gustaba moito viaxar e collínlle o gusto. Tamén percateime que tiña que espabilar moito, porque non falaba idiomas.
Cal é a chave para facer estas viaxes?
Nas redes idealízase todo moito, pero hai que saber que a metade das experiencias poden chegar a ser malas. Hai momentos malos, cando vas só, estás ti contra o mundo. Non se pode idealizar nin creer que vai ir todo ben porque sería un pouco inxenuo, creo eu. O bo para min compensa as malas experiencias.
Como se prepara unha viaxe destas características?
Eu estaba preparado para ir a Francia e tiña xa mirado cousas para ir a vivir a Australia tamén. Había unha visa de traballo, e dous meses despois de chegar a Francia, concedéronme a visa para Australia e dende que cha conceden tes un ano para entrar. Estiven un ano traballando en Francia e xusto o final entrei a un mes de que a visa caducase para ir a Australia. Falecera o meu pai e necesitaba un tempo para min, e decicín facer a viaxe en bici por Australia.
Como se decidíu a embarcar na viaxe a África?
Dentro de pouco xa fai case un ano. Decidín facer esta viaxe porque quería coñecer África e porque en Australia gustoume a experiencia pero era todo moi parecido. Comecei o 7 de xaneiro diste ano, cheguei o Cairo. Atopeime cun amigo e visitamos Exipto xuntos e cando se foi comecei a pedalear.
Que experiencia resalta máis de África, cando se quedou sen auga 80 kilómetros?
En Namibia coincidiume unha tormenta de area, que hai unha cada dous anos. Metínme nun tramo de 200 kilómetros sen auga e tiña o vento en contra, polo que iba moito máis despacio do que eu pensaba. Eu previra auga para dous días, para facer 100 kilómetros o día. Conseguín facer 40 kilómetros o día por estas circunstancias e vinme apurado. Por sorte Namibia é un país bastante turístico, e algunha vez sacáronme dalgún apuro, pero esa vez paseina mal, a verdade.
En Etiopía intentaron roubarlle a bici?
Sí, coincidiu que estaba malo. Atopábame nun lugar moi afastado das montañas, nunha especie de bar con camas detrás, aínda por riba mordéronme as chinches e estaba con fiebre. Estaba na habitación que era moi pequena e non collía nada, entón tiven que deixar a bici fora, no pasillo, xusto en fronte da habitación. Eran as dúas da mañá, eu estaba intentando dormir, pero como estaba enfermo, con fiebre, non o conseguía. Entón de repente escoito a roda da miña bici moverse, e cando saín vin o tío correndo e deixando a bici.
Tivo algunha vez algún problema coa bicicleta?
A única vez que tiven algún problema serio coa bici foi en Kenia. Cando entrei o país, entrei nunha zona que é ilegal entrar. Para Etiopía deixante saír por aí, póñenche unha estampa no pasaporte. Pero en Kenia non me puxeron o selo de entrada. A policía de Kenia díxome que entrara de forma ilegal o país e que tiña que deixar Kenia en dous días. Dixéronme que estaban sendo bos, porque me podían levar a cárcere nesa situación. Entón tiña dous días e quería seguir vistando Kenia, pero non podía. Estaba a 200 kilómetros de Uganda, entón a solución era ir para alí e xa está. Fixen 100 kilómetros o primer día, e no segundo o cabo de 30 kilómetros rompéuseme unha peza dos cambios. Unha peza que é moi difícil de atopar e que me deixou tirado. Nese momento non podía solucionalo, entón tiven que parar a un camión. Costoume moito e só tiña ese día para conseguilo. Por sorte o final parou un camión, levoume a fronteira e alí a xente non entendía a situación de porque tiña que deixar o país. Logo tiven que chegar a acampada, a fronteira de Uganda, con outro camión, para arranxar a bici. O final fixen coma 200 kilómetros no camión.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido al volcar su coche en Requeixo de Valverde
"OURENSE SEPARA Y RECICLA"
Los habitantes de Allariz ingresan más de 60.000 euros por reciclar