CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
O crime de Allariz e a prisión de Ceuta
ACTIVIDADES
Os alumnos do Colexio de Educación Infantil e Primaria Padre Feijóo de Allariz están a elaborar o seu propio compost co que están a crear un xardín no patio do centro. A iniciativa está incluídano proxecto "A integración da conservación do medio ambiente no ensino" e que puxeron en marcha no curso 2015-2016, coa colaboración da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega).
Segundo explica o director do centro Javier Fernández, con esta iniciativa, "búscase que os alumnos tomen conciencia sobre a importancia de preservar o medio ambiente a través da súa acción". E entre as actividades realizadas destaca a elaboración de composteiros por parte dos alumnos. Durante o curso pasado e o actual, os rapaces de Primaria depositaron nos contedores situados no patio material orgánico procedente dos restos de alimentos que consumen, ben no comedor escolar ou no recreo. O compost que foron elaborando foi retirado dos composteiros o pasado luns.
Ao longo dese día os escolares poideron analizar o resaltado da tarefa que desenvolveron durante este ano e pico. Co asesoramento dunha técnica da asociación Adega, os rapaces estiveron analizando o compost e buscaron, clasificaron e estudaron os diferentes tipos de insectos que actúan como descompoñedores.
Outro obxectivo do proyecto era que o compost elaborado por eles mesmos servira para crear un pequeno xardín no patio do colexio, nun espazo separado da zona de xogos por unha pequena valla de madeira. As escolares procederon a plantar flores en tiestos, maceteiros e parterres, cuxa base é o compost elaborado por eles mesmos. O Concello de Allariz colaborou con esta iniciativa aportando a terra vexetal necesaria para mezclar co compost retirado como abono. Os propios rapaces fixeron a mistura e procederon a plantar rododentros, azaleas, hortensias, romero, tomillo, rosais, mentas, fresas e outras variedades para o seu xardín.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
O crime de Allariz e a prisión de Ceuta
ENCONTRO DE CACHARREIROS
Niñodaguia enciende hornos para reivindicar su historia
INTEGRACIÓN SOCIAL
El rural ourensano, motor de integración social de jóvenes
Lo último
La Región
Volver
Chito Rivas
RECUNCHO HEBDOMADARIO
Anfield, o templo do Liverpool
DESARROLLO DEL LENGUAJE
Los logopedas demandan una mayor presencia en el sistema educativo