José Díaz: “A xente combate a falta de seguridade en si mesma a través do teatro”
O santiagués José Díaz é o produtor artístico encargado do proxecto 5x5
O santiagués José Díaz é o productor artístico encargado do proxecto 5 x 5.
Como xurdiu a posibilidade de que Allariz formase parte desta iniciativa?
Trátase dunha iniciativa que xurdiu a través de Territorio Cultura, da Xunta de Galicia, e que contou co respaldo dos fondos Next Generation. Había un programa específico para o entorno rural e ocorréusenos montar estas cinco aulas en cinco vilas. Tiñan que ser localidades polas que pasara o Camiño de Santiago. A nós interesábanos tocar o maior número de provincias, e por iso estamos na Coruña, en Pontevedra e en Ourense.
Todos os actores son de Allariz?
Non todos. Algúns son da comarca e de vilas próximas.
Todas as historias xiran en torno ao Camiño de Santiago?
Collimos o tema do Camiño como idea primixenia para os cinco espectáculos. Sen embargo, falamos do Camiño como tal ou dun xeito abstracto: o camiño da vida ou o camiño do tempo. Dende a idiosincrasia de cada unha das vilas foise montando un espectáculo que discorreu por derroteiros moi distintos.
Sobre que vai “O roce fai rozaduras”?
Das cinco é a máis contemporánea e a que mestura máis tipos de lenguaxe. Hai tamén música en directo. Fala das visicitudes que lle pasan a peregrinos que están por Allariz durante un día e medio. Hai amores, desamores, problemas familiares e todo tipo de circunstancias. Ao final rematan todos no “Mesón da Tareixa”, que é un lugar ficticio en Allariz, e nese bar conflúen todas as historias.
Como se elaborou o guión?
A dramaturxia é tamén de Iria. Elaborouse a través de textos e de improvisacións e exercicios que fixeron os alumnos. Eu, que tamén me encargo da parte musical, fun compoñendo cancións para cada momento.
Os actores acudían a teatro antes desta iniciativa?
Non, todo o contrario. De feito, unha das pedras angulares da proposta era que fose interxeneracional, con xente de todas as condicións. Hai persoas novas e outras máis maiores. A gran maioría é a primeira vez que se sube enriba dun escenario.
Como foron os ensaios?
Houbo unha mestura de medo e de moita ilusión. Tamén vergoña ao principio. Iria foi montando exercicios para que os actores perderan a vergoña e para que amosaran as súas inquedanzas, así como as súas capacidades.
Cal é o obxectivo desta iniciativa?
Máis alá do resultado artístico, o obxectivo é utilizar o teatro como unha ferramenta terapéutica e social. A xente combate a falta de seguridade en si mesma co teatro e trata de traballar as súas capacidades de comunicación. Tamén a creatividade e memoria, e loita contra o illamento.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PLAYA DE L'ARRABASSADA
Dos menores mueren ahogados en una zona de rocas en Tarragona
BAJADA DE LOS CARBURANTES
La desescalada en Oriente Medio abarata el diésel y lo iguala ya a la gasolina en Galicia
VIDA OURENSANA
A adaptación do medio como factor da lonxevidade galega
IMPACTA UN DRON CON UNA MOTOCICLETA
Al menos cinco muertos en nuevos ataques israelíes en el sur del Líbano pese a la tregua