Maceda renovará os seus viais principais con medio millón
Substituirase a capade rodadura, repararanse as beirarrúas e mellorarase a accesibilidade
Logo do cumplimento do periodo de licitación e o inicio das obras, Maceda terá en cinco meses tres dos seus viais principais totalmente renovados e mellorados na súa seguridade e accesibilidade. Foi o anuncio que achegou o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, ao municipio ourensán este mesmo xoves. Alén adiantou que mañá mesmo xa se poderá consultar a obra na Plataforma de Contratos de Galicia para que as empresas poidan achegar ofertas. Trátase, concretamente, da renovación do firme e reparación de beirarrúas na estrada OU-104, así como a mellora da accesibilidade nas estradas OU-101 e OU-103 ao seu paso polo concello de Maceda. Todas as actuacións suporán un investimento por parte da Xunta de Galicia de 568.272 euros.
Máis polo miúdo, as obras consistirán na substitución da capa de rodadura e na reparación de beirarrúas na OU–104, a estrada autonómica entre o Alto do Couso e Maceda; concretamente, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 5+370 e 5+980. Ademais, mellorarase a accesibilidade nas estradas autonómicas OU-101, Ourense-Maceda, e OU-103, Maceda-Os Milagres do Medo.
O proxecto prevé, ademais, a recollida das augas superficiais mediante sumidoiros e reixas-sumidoiro. Instalaranse, ademais, 47 luminarias de módulo LED fabricadas en aluminio inxectado sobre columnas de sete metros de altura fabricadas en chapa de aceiro ao carbono; e executaranse canalizacións subterráneas en previsión de futuras instalacións de baixa tensión e telecomunicacións no núcleo de Maceda.
Por outro lado, os pavimentos de formigón proxectados executaranse cun formigón de firme tipo HF-4,0 cun grosor mínimo unha vez compactado de 18 centímetros.
Por último, plantaranse 29 novas árbores e colocaranse 52 asentos de formigón prefabricado.
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense visitou o lugar das obras da man do rexedor local, Rubén Quintas, e quixo destacar a aposta da Xunta mediante este investimento “por impulsar a mellora de infraestruturas vertebradoras” no interior da Comunidade, contribuíndo “a un rural vivo”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un coche en la A-52 en la salida de Allariz
BALANCE DE LA COMARCA
Un año de punto y aparte en Allariz y Maceda
Lo último
COLABORACIÓN CIUDADANA
Desaparece un menor de 13 años vulnerable en Ourense
20 ANIVERSARIO DE ASTUREX
Los productos asturianos llegan ya a 150 países y se duplican las empresas exportadoras en dos décadas
COOPERACIÓN INTERNACIONAL
El embajador de Japón reafirma en DiploInnova Canarias el interés por el archipiélago