ENCONTRO DE CACHARREIROS
Niñodaguia enciende hornos para reivindicar su historia
José Luis Mascareñas Cid (Allariz, 1961) é unha desas persoas que, coa súa curiosidade e interese por aprender, fan patria na ciencia e, coa súa humildade, patria no seu pobo. Con Allariz por bandeira e o río Arnoia no corazón, Mascareñas acadou a Catédra en Química na Universidade de Santiago, realizou investigacións na Universidade de Standford e dirixe, dende o 2014, o Centro de Investigación de Química Biolóxica e Materias Moleculares e a un equipo de 200 persoas.
Onte foi o momento no que os veciños de Allariz puideron demostrarlle a un emocionado José Luis que o orgullo era mutuo. No Salón de Actos do Fogar dos Maiores, onde se lle fixo entrega do premio “Vila de Vida”; non faltou a familia, os compañeiros “do oitavo” de EXB e os amigos de hai máis de 50 anos. “Noraboa pola cantidade de premios acadados. Vivimos eses logros coma se fosen nosos e presumimos a cotío da túa amizade”, manifestáballe ao científico unha das súas compañeiras de colexio, onde era coñecido cariñosamente como “o Masqui”.
Nun vídeo proxectado no acto, foron os propios veciños, a súa muller Belén Pazos, exalumnas de doutoramento, a súa tía, Dolores Mascareñas ou José Ramón, o seu mestre na EXB, os que se encargaron de facer o retrato dun home “humilde” e de grande “calidade humana” que foi quen, en palabras da alcaldesa, Cristina Cid, de desmentir e desmitificar a imaxe dos científicos ensimismados co traballo que deixan de lado aos seres queridos. E é que tal e como aseguraban os seus compañeiros: “Nos momentos importantes José Luis sabe decidir cales son as prioridades: Estar ao carón da súa familia”.
Na tarde de onte houbo, ademais de anécdotas, risas, aplausos e abrazos; música en directo con Soul and Roll, que agasallou ao científico coas súas cancións favoritas: “El sitio de mi recreo” e “Negra sombra”. Pero houbo máis regalos: Un cuadro do río Arnoia, pintado por Xabier Varela; e un kit de pesca, unha actividade que, dende que era pequeno, despertou a curiosidade e a paixón pola ciencia en Mascareñas.
A rexedora alaricana, Cristina Cid, asegurou que, ademáis de destacar a traxectoria profesional do seu veciño, o acto de onte tiña como principal obxectivo recoñecer “a súa cercanía e orgullo por Allariz”. Mascareñas, que recoñeceu que continúa “moi motivado para facer ciencia”, recibiu a homenaxe como unha encomenda: “Síntome emocionado e agradecido”, confesou. “Levarei con enorme orgullo e responsabilidade esta distinción”, concluiu.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENCONTRO DE CACHARREIROS
Niñodaguia enciende hornos para reivindicar su historia
INTEGRACIÓN SOCIAL
El rural ourensano, motor de integración social de jóvenes
Lo último