ENCONTRO DE CACHARREIROS
Niñodaguia enciende hornos para reivindicar su historia
A mina romana dos milagros de Maceda será a protagonista ourensá no Geolodía de 2021. Trátase dun conxunto de excursións gratuitas e coordinadas pola Sociedad Ecológica de España -realizaranse en todo o país-, guiadas por xeólogos e abertas a todos os públicos que, no caso de Maceda, celebraranse os vindeiros días 8 e 9 de maio -no caso do domingo e ante a posibilidade de que se rexistren precipitacións, podería cambiarse este día para a vindeira fin de semana-.
O obxectivo destas iniciativas será reivindicar, do mesmo xeito, a ciencia da Xeoloxía e a súa utilidade baixo o lema “La Geología ante la Emergencia Climática”.
Segundo explicaron dende a organización, a actividade desenvolverase en Vilardecás, en Maceda, en horario de mañá, aínda que, de rexistrarse moita demanda, poderían ampliarse as visitas ás tardes da mesma fin de semana.
Durante a actividade veranse os sedimentos que enchen a cunca terciaria de Maceda e as técnicas empregadas polos mineiros romanos para explotar a mina.
As prazas para esta acción serán limitadas e, por este motivo, será necesario inscribirse no enderezo electrónico geolodiaourense2021@gmail.com. Para máis información poderá consultarse a web geolodia.es.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENCONTRO DE CACHARREIROS
Niñodaguia enciende hornos para reivindicar su historia
INTEGRACIÓN SOCIAL
El rural ourensano, motor de integración social de jóvenes
Lo último
Fernando Ramos
Las ministras visitadoras niegan la realidad de Ceuta
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
Os libros non son para o verán
CAMPEONATO EN ITALIA
El Mundial espera a los ourensanos
FESTA DA XUVENTUDE
Bousés arranca tres días de festa impulsados pola súa mocidade