ENCONTRO DE CACHARREIROS
Niñodaguia enciende hornos para reivindicar su historia
A Fundación Vicente Risco de Allariz acolle no mes de Nadal unha interesante exposición froito do traballo colectivo de 24 “neoartistiñas”, denominación acuñada polo propio Risco para referirse a Xaime Quessada, Xosé Luis de Dios e Acisclo Manzano, e que a fundación que actualmente preside Celia Porto busca impulsar e consolidar para aupar aos novos artistas.
A exposición “Entreliñas” esta formada polos traballos feitos por unha vintena de alumnos de primeiro e segundo curso de Ilustración da Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense, entidade que fixo de enlace e estímulo entre os artistas e a fundación alaricana, con sede no número 3 da rúa San Lourenzo.
Os autores participaron este xoves no acto de inauguración oficial, e que contou coa presenza e participación de Acisclo Manzano, nomeado padriño deste nova xeración de artistas noveis, pero con moito talento.
O obxectivo da Fundación Vicente Risco é ir máis alá dun mero museo que custodie e divulgue a obra do autor nado, senón se un punto de encontro e difusión para a cultura hoxe en día. Nesa liña se organizou esta primeira exposición, que se pode visitar os sábados e festivos de 16,30 a 18,30 horas e os domingos de 12,00 a 14,00 horas, así como o ciclo de música de cámara.
A actividade “Petiscos Musicais”, un ciclo anual de catro concertos deseñada no 2015 baixo a coordinación da profesora de piano Cristina Vázquez Canal, mudou este ano de nome e coordinación, estreándose no cargo o pianista vigués Brais González baixo a denominación “Neoartistiñas”. Tras as tres primeiras actuacións, o ciclo pecharase o vindeiro 22 de decembro ás 20,00 horas con Yulia Petrushevskaya e “A gran tradición románica”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENCONTRO DE CACHARREIROS
Niñodaguia enciende hornos para reivindicar su historia
INTEGRACIÓN SOCIAL
El rural ourensano, motor de integración social de jóvenes
Lo último
PRÓXIMA TEMPORADA
Dos cromos azulones más en el Ourense CF
Rafael Dávila Álvarez
Ceuta y la Casa Real cruzan la línea roja
Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
Unha esmorga á italiana