ENCONTRO DE CACHARREIROS
Niñodaguia enciende hornos para reivindicar su historia
O Concello de Allariz continúa traballando, a través de diferentes fases, na mellora e renovación de zonas lúdicas da vila. Nestes intres vén de comezar, logo da retirada hai uns meses dos distintos elementos e xogos antigos, a reforma do parque infantil ubicado nas inmediacións do Santuario Diocesano de San Benito, patrón da localidade, próximo ao Campo da Barreira.
Precisamente, a rexedora, Cristina Cid, visitaba hoxe xoves pola mañá o comezo da intervención xunto ao arquitecto técnico e director da Oficina de Urbanismo do Consistorio alaricano, Celestino Feijóo; e atendía ás explicacións dos técnicos encargados das melloras.
O proxecto incluiu, por outra parte, o asfaltado -xa acometido recentemente- da estrada que pasa ao carón das instalacións -denominada Camiño dos Caños e que chega ata o termo de Nanín- e outras pistas próximas. Hoxe procedeuse á instalación do peche da zona de xogo infantil, acción que supervisou a alcaldesa alaricana.
Tal e como explicaron dende o Concello, a obra consistirá no seu conxunto na substitución dos elementos da zona de xogo por uns novos e no cambio do firme de caucho por céspede artificial especial para parques infantís -que estará reforzado cunha base sólida-.
Tamén se mellorará, doutro lado, a pista polideportiva, cambiaranse elementos que forman parte das instalacións, como as redes, e pintarase e remodelarase parte da varanda da mencionada pista. Neste senso, din dende o Consistorio, o obxectivo é que “xunto co novo peche da zona de xogo, esta zona urbana sexa un agradable lugar para que as crianzas e a mocidade da vila desfruten do espazo”.
Por outra banda, dentro da mesma remodelación, o Concello de Allariz pretende integrar uns novos murais para proporcionar a este entorno “unha imaxe máis afable e integrada”.
Coa intevención do parque de San Benito de Allariz dase comezo á segunda fase do Plan de mellora de zonas lúdicas desenvolvido polo ente local e incluido nun proxecto máis amplo de mellora de espazos municipais. Nesta liña, primeiro foi a quenda para as instalacións situadas na zona do Portovello e tamén na de Vilanova.
APOIO DA DEPUTACIÓN
O custe total da remodelación do entorno lúdico da vila ascende aos 90.000 euros, segundo puntualizaron dende o Concello este xoves. O ente provincial achegou para esta finalidade unha contía de 70.000 euros, aportando o Concello de Allariz os 20.000 euros restantes e necesarios para completar o proxecto de renovación que estará rematado nos vindeiros meses.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENCONTRO DE CACHARREIROS
Niñodaguia enciende hornos para reivindicar su historia
INTEGRACIÓN SOCIAL
El rural ourensano, motor de integración social de jóvenes
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Después del Código Hays
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 21 de agosto
Julia Navarro
Madres, padres
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 21 de agosto