Paco García, exalcalde de Allariz: a Festa do Boi "significa o espíritu da vila Allariz”
Paco García Suárez, o alcalde do concello de Allariz dende o 2000 ata o 2018, leva moitos anos sendo “home do sedeño”.
Cando comezache a ser “home do sedeño”?
Dende os comezos, dende a época que se foi estructurando. Foise incrementando para ter os mínimos problemas. Estiven ata a actualidade, sempre ten riscos pero o noso obxectivo é intentar que a xente desfrute do boi. Foron moitos anos de gran amizade, familiaridade, compañeirismo. A marca do “home do sedeño” para nós é simbólica. Cando lle cedín o meu posto de alcalde a Cristina, entregámoslle unha prenda do “home do sedeño”.
Que responsabilidades ten un “home do sedeño”?
O boi é un animal intelixible, con moita forza. Houbo caídas, cornadas de boi… O home do sedeño ten a función pincipal de atar o animal as argolas. É unha responsabilidade importante. Algúns anos houbo cornadas importantes na que os homes do sedeño sufriron feridas. É unha forma para que a xente entenda e vexa que hai que tomar precaucións, para evitar estes problemas. Nas carreiras a xente empurra, e pode ser moi perigoso. Tamén pode dar a volta o boi e hai que ter espazo para poder maniobrar. Hai algúns bois moi bravos. Se teñen algún lance, o home do sedeño ten que estar sempre en tensión. Cando se atan as argolas do boi, faise unha broma que é coller os excrementos que tira o boi cun pano e lanzalos o aire para que a xente teña que esquivalos.
Parece que cada ano que pasa vai chegando antes o momento de que collan outros o relevo…
Vexo moi ben, hai boas novas xeracións. Hai un grupo moi estable. Antes era un pouco máis ao chou. Nese aspecto temos a continuidade garantida. O importante é poder seguir mantento as crias do boi e seguir tendo o boi con boas condicións. A través de ese proceso ter unha mellor estabilidade. Antes traíanos de fora, e iso provocaba maiores sustos dos necesarios porque non tiñamos tanto coñecemento dos bois. Nos últimos anos temos un maior coñecemento e teñen máis trato humano para unha adaptación de calidade nas carreiras.
Temos todos os ingredientes para ensalzar un evento moi participativo. Implícase toda a vecindade de Allariz
Que significa para a vila esta festa?
A Festa do Boi significa o espíritu de Allariz. 700 anos fixo en 2017. Disfrazámonos de xudeos e cristiáns, unha representación histórica de Allariz que representa a identidade e historia das tradicións. Temos todos os ingredientes para ensalzar un evento moi participativo. Implícase toda a vecindade de Allariz. Son momentos de amizade e gremios. Pandillas que desfrutan do Boi coas comidas e cea multuitudinaria do xoves. Un ambiente musical de rúa. Foise adaptando e medrando ao longo do tempo. Poucas vilas poden ter esta recreación histórica. Centos de persoas recreando a historia do Xan de Arzúa. Isto é un motor económico importante para a hostelería.
Canto cambiou a festa nos últimos anos?
A Festa do Boi antes era unha proba do boi o xoves de Corpus Cristi. Agora dura dende o sábado ata o domingo da semana seguinte. Incrementáronse o número de actividades. Cambiou o de correr o boi a unhas xornadas festivas. Unha recreración de calidade histórica coa Procesion de Xan de Arzúa. O xantar medieval na barreira. Fóronse implantanado as actividades de gran calidade. Temos tamén os veciños de Roimelo. Foi un proceso e unha implicación social moi boa. A decoración das rúas, homes do sedeño, gremios, apartado cultural e musical. Charangas, gaiteiros galegos, Zés Pereiras. Sempre estamos abertos a novas propostas e a innovar.
As frases
- Sempre ten riscos pero o noso obxectivo é intentar que a xente desfrute do boi
- É unha forma para que a xente entenda e vexa que hai que tomar precaucións, para evitar problemas
- O importante e poder seguir mantento as crias do boi e seguir tendo boi con boas condicións
- Poucas vilas poden ter esta recreación histórica. Centos de persoas recreando a historia do Xan de Arzúa
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que la Navidad ya llegó a Allariz?
SAN VITORIO DA MEZQUITA
Alertan de un fuego intenso en una casa de Celeiros, Allariz
FLUIDEZ DO TRÁFICO
Allariz delega na Garda Civil de Tráfico dende esta semana
Lo último
ÚLTIMA JORNADA DEL AÑO
Cita con las raquetas más jóvenes
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Muere una conductora al sufrir una salida de vía y volcar en Coruña