Polémica por mor do cambio de lugar das festas en Maceda
EN FESTAS
As festas da Virxe das Neves de Maceda contan con polémica por un cambio de localización ao parque de Francisco Carballo, no Toural. Para o BNG de Maceda, a alcaldesa Uxía Oviedo, tomou esta decisión “sen ter en conta a opinión dos seus socios de goberno, os dous concelleiros do BNG, nin dos comerciantes, nin de moitos veciños”.
Este ano as festas da Virxe das Neves de Maceda viñeron con polémica. As festas cambiaron de localización e celebráronse no parque de Francisco Carballo, no Toural. Para o BNG de Maceda, a alcaldesa Uxía Oviedo, tomou esta decisión “sen ter en conta a opinión dos seus socios de goberno, os dous concelleiros do BNG, nin dos comerciantes, nin de moitos veciños”.
“Hai xente para todo, e disque algúns non teñen moita queixa: orquestra dun lado, Dj doutro, e o bar ás costas. Pero as Festas das Neves non son só música e alcol. Para nós as festas son moito máis”, explican dende o BNG de Maceda.
“Cremos que a alcaldesa cometeu un erro levando a festa para o Toural. Todos perdemos: os maiores que non desfrutaron da festa, e os non tan maiores que gostamos dunha conversa nunha terraza entre baile e baile; os bares, que non fixeron o agosto; e o ambiente do pobo, que se converteu, tamén nestas festas, nun pobo pantasma. O BNG vai propor e defender que se manteñan as Festas do 2025 no centro de Maceda, como foron sempre, con actuacións para todos e chamando a veciños e hostaleiros a que se comprometan con seriedade e responsabilidade”, defenden os nacionalistas.
A alcaldesa, Uxía Oviedo, pola súa banda, defendeu que “todos temos claro que as festas de Maceda teñen que ser algo máis. E por eso o son. Facendo autocrítica de como foron estas festas, estou contenta de como fixen as cousas e creo que non lle teño que pedir desculpas a ninguén. A festa, as orquestras e os Dj subíronse para o Toural. Sobra decir que a festa, a música e o alcol, cambiaron de lugar por un tema de responsabilidade. A música e o alcol sempre estiveron nas Neves, do que temos que estar orgullosos é de que non temos unhas festas que só se basan neso, temos unhas festas nas que todo ten o seu espazo”.
Pobo cheo
“Como alcaldesa e como persoa estou moi contenta por estas festas, porque encheuse o pobo todos os días. Pero en vez de ser na rúa principal, foi noutro lugar. O que si me entristece enormemente como alcaldesa pero sobre todo como persoa é que se faga política de algo que debería estar fóra da necesidade de ganar votos”, explica Uxía Oviedo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que la Navidad ya llegó a Allariz?
SAN VITORIO DA MEZQUITA
Alertan de un fuego intenso en una casa de Celeiros, Allariz
FLUIDEZ DO TRÁFICO
Allariz delega na Garda Civil de Tráfico dende esta semana
Lo último