Quince anos de paisaxismo
ESPAZO ÚNICO
Francisco García e Tino Feijoo son os responsables de que hoxe Allariz poida desfrutar dun espazo único en toda España. O Festival Internacional de Xardíns inaugurou a súa XV Edición, na que participan paisaxistas de todo o mundo.
"Cambio climático, unha oportunidade para o xardín” é o lema da XV edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz (FIXA) que, como cada ano, florece nas beiras do río Arnoia. Este singular espazo, que leva quince anos ofrecendo unha oportunidade ós paisaxistas de materializar os seus deseños, é único no noso país. Pero esta historia non sería posible sen os seus dous guionistas principais: Francisco García e Tino Feijoo.
O alcalde de Allariz entre 2000 e 2018, Francisco García, coñecido como Paco, foi quen no seu día impulsou a creación deste espazo, e hoxe exerce como director do FIXA. Pola súa banda, Tino Feijoo foi técnico do concello de Allariz, e o principal encargado de deseñar o espazo que hoxe acompaña ó Arnoia no seu paso pola vila.
Tino Feijoo explica que a idea naceu “dunha visita a Ponte de Lima, á que fomos Paco e eu, e na que inauguraron o seu Festival de Xardíns”. Ponte de Lima é único municipio de Portugal que conta con este tipo de espazo, sendo os dous únicos da península. Os portugueses inauguraron o seu cinco anos antes que os alaricanos, “sorprendeunos moito, e entre caña e caña foi xurdindo a idea”. Paco García apuntou que “Allariz reúne tódalas potencialidades para acoller un evento destas características”, e que a idea era “contribuír a converter a Allariz nun referente en paisaxismo e arquitectura respecto ó medio ambiente”. O director cree que “o festival respondeu a esta expectativa”.
Corazón e coñecemento
“Ter un espazo de renovación e de relaxamento para o corpo e para alma foi o soño e o obxectivo que nos marcamos e afortunadamente conseguimos mantelo vivo durante 15 anos”, comentou Paco García. “Isto non se fai con diñeiro”, aclarou, e remarcou que “para isto fai falta alma, corazón e coñecemento”.
Esas condicións foron as permitiron que tanto Tino Feijoo como todo o equipo de persoas que traballaron no proxecto conseguiran rematalo nun tempo marca. Tino conta unha anécdota da inauguración do Festival no ano 2010, que cando ós representantes da Cámara de Ponte de Lima visitaron Allariz e lles contaron o proxecto do seu Festival, botáronse a rir ó escoitar que pretendían telo rematado para xullo dese mesmo ano. “Isto foi polo mes de xaneiro, dicían que era imposible”. “Eu tíñao moi estudado e estaba todo na miña cabeza, case non precisei de planos”, explicou entre risas. “Cando viñeron en xullo á inauguración, non daban crédito”. A obra, en condicións normais “era para executar ó longo de máis dun ano, e nos en menos de medio ano rematámola”, aclarou o deseñador.
O FIXA xa forma parte da identidade alaricana, e moitas dos principios que promove como a sostenibilidade e a reutilización de recursos xa “é parte da cultura de Allariz que logo se plasma noutros eventos como no Nadal e no noso Samaín”, segundo Paco.
O Festival de Xardíns é un escaparate para os paisaxistas, que en todo o país non teñen un espazo onde expor “as súas inquietudes e proxectos”, explica Tino Feijoo. É un dos principais motivos polos que se ten en tan alta estima no sector, comenta. “O que intentamos conseguir é que as escolas de paisaxismo participen”, xa que “o máis bonito para un estudante e crear o seu propio proxecto e que se cumpra”. “Cando chegan os paisaxistas ó Festival e vén plasmada por primeira vez a súa idea fóra do papel quedan abraiados”.
O carácter internacional do Festival “queda constatado ca presenza de paisaxistas dende Uruguay ata Austria”, remarcou Paco García, que tamén comento que “algúns paisaxistas utilizan como aval profesional a participación neste Festival, o que para nós é un orgullo”. O director puxo en valor o espazo “para ós cativos e poder sensibilizalos sobre a natureza, a importancia do medio ambiente e da conservación ó facelos partícipes”, xa que segundo explica “o covid puxo moito en valor a necesidade de ter espazos públicos e zonas verdes”.
Tino Feijoo quixo apuntar que por iso “ampliouse o número de parcelas para darlle máis volume ó Festival, para poder acoller máis proxectos, que creemos que é moi necesario”. Describiu o festival coma “un museo vivo ó aire libre”, e pon en valor o espazo como motor turístico, “antes era un complemento das visitas a Allariz, e hoxe moita xente vén aquí co Festival coma motivo principal”. Paco García destacou tamén que “este festival mantense porque é viable economicamente e sostible polos ingresos que xera cas entradas simbólicas, que son de dous euros, dos 40.000 visitantes que recibe cada ano”. O feito de cobrar entrada para ver un evento destas características ó principio impactou un pouco segundo comentou o exalcalde, pero co tempo a xente deuse conta de que “paga a pena”.
Paco García: “Esto da para un paseo dunha hora tranquilamente, entre ir e vir, que che permite desfrutar do espazo sen agobios”
Nestes quince anos dende a primeira inauguración do FIXA o 8 de xullo de 2010, non só o espazo senón tamén o funcionamento do festival ten cambiado. Non so pasou de 13.000 metros cadrados a 38.000, ampliando as parcelas de 8 a 12, senón que tamén conseguiu converterse nun dos principais atractivos da vila alaricana.
Continente e contido: as dúas formas de entender o FIXA
Tino Feijoo explica que o Festival de Xardíns hai que entendelo en dous sentidos: continente e contido. “O continente basease na auga do Arnoia, e foi niso no que enfocamos o deseño. Se un se fixa na entrada hai un manancial de auga permanente que entra ó Festival e distribuíse por canles”, que van xogando e formando charcas, “ata un estanque final do que chegan ó río”. O contido son as doce parcelas de concurso, que teñen unha media de 200 m2 de superficie con distintas formas. “Se segues a agua, vas percorrendo as parcelas, que cada unha ten un peche para que un se sorprenda no deseño interior”, dixo, cambiando a un escenario único.
Paco García aclarou que “estes 15 anos permitiron que a natureza se consolidase, o que as veces fai tan agradable o continente como o contido”. Este continente que Tino deseñou leva acollendo a diferentes propostas paisaxísticas dende o 2010, ano no que dous paisaxistas se encargaron de encher as 8 parcelas que había daquelas. Co paso dos anos, esta exposición converteuse nun concurso que, como ben destacan os autores, serve para dar a coñecer a importancia do medio ambiente.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que la Navidad ya llegó a Allariz?
SAN VITORIO DA MEZQUITA
Alertan de un fuego intenso en una casa de Celeiros, Allariz
FLUIDEZ DO TRÁFICO
Allariz delega na Garda Civil de Tráfico dende esta semana
Lo último
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Desorden
AL MENOS DOS SEMANAS
Parada de Sil y A Teixeira sin médico durante las navidades
UNA IMAGEN MEJORADA
La estación de autobuses luce sus últimas mejoras
CIRCUITO NACIONAL
O II Master a Lagoa de futbolín chega a Xinzo