HABLAN LAS VÍCTIMAS
El otro precio de los robos de casas en Allariz: “Pisotean tu intimidad”
ESPAZOS VERDES
O Festival Internacional de Xardíns de Allariz (FIXA) recibiu xa a máis de 3.000 persoas dende a súa inauguración o pasado 17 de maio, durante o Día das Letras Galegas, para coñecer de primeira man a proposta da súa décimo quinta edición.
Baixo o lema “O cambio climático: unha oportunidade para o xardín”, esta nova edición propón unha reflexión profunda sobre o papel dos espazos verdes fronte á emerxencia climática.
As dez propostas presentadas e convertidas en xardíns reais, convidan á acción, á esperanza e á transformación ó facer do deseño paisaxístico unha ferramenta de diálogo co medio.
Tras estas quince edicións, o FIXA segue a ser o único festival destas características en todo o Estado, e sen dúbida, continúa a medrar como referente para especialistas do sector, para o público xeral e como un dos grandes atractivos turísticos alaricanos.
O volume de visitas que recibe o recinto consolídano como unha das citas de referencia no panorama paisaxístico e cultural, reflectindo o interese crecente por iniciativas que combinan arte, natureza e conciencia ambiental.
A maiores das dez propostas que enchen o FIXA este ano, tamén están expostas as dúas gañadoras da edición anterior, “O xardín do revés” e “Entra nunha obra de arte”.
O Festival de Xardíns cambiou o seu horario, empezando o de verán, que manterá ata o vindeiro 14 de setembro. O recinto estará aberto polas mañás en horario de 11,30 ata as 14,00 horas, e polas tardes dende as 17,00 ata as 21,00 horas. A partir do 15 de setembro, volverá ó horario só de tarde entre semana, dende as 16,00 ata as 19,00 horas, e durante as fins de semanas e festivos abrirá tamén de mañá de 11,30 ata as 14,00 horas. O recinto permanecerá aberto ata o 31 de outubro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
HABLAN LAS VÍCTIMAS
El otro precio de los robos de casas en Allariz: “Pisotean tu intimidad”
LAS BANDAS DEL ESTE, EN ACCIÓN
Una banda asalta tres casas en solo dos horas en un pueblo de Allariz
MÁIS DE 128.000 EUROS
Os viais de Fuxón e O Arnado en Allariz estrearán firme
Lo último
Xabier R. Blanco
CLAVE DE GALICIA
Una de setas
PRIMERA FEDERACIÓN
Agustín Ruiz es el elegido por la UD Ourense
LUCHA CONTRA EL NARCOTRÁFICO
Los escondites favoritos de los narcos: la caja fuerte bajo el asiento del coche