PRODUTOS APÍCOLAS
Allariz adozou o padal coa mel dos montes de Galicia
Gastronomía e cultura
A axenda estival do Concello de Allariz ofrecerá ata o mes de outubro máis de trinta actividades nun programa que inclúe citas xa asentadas na localidade como o Festival Internacional de Xardíns —aberto na rúa Portovello ata o outono— e as festas de San Bieito.
A actividade continuará en xullo co Festival Literario (días 3 e 4) e as propias celebracións de San Bieito (do 10 ao 12), que contarán coa obra teatral Ñiquiñaque e a música de Castro Floxo. O 24 de xullo celebrarase a Festa da Patria con concertos nos Xardíns do Museo do Coiro.
Xa en agosto, a fin de semana do 22 e 23 acollerá a Festa da Empanada, coincidindo co tríatlon Vila de Allariz, a regata de piragüismo e actuacións musicais. O teatro de rúa programarase os días 7 e 21. A finais de agosto arrancará o festival de curtas de comedia RIR, seguido en setembro polo Ciclo Mestre Mateo.
No eido patrimonial, organizaranse tres roteiros temáticos guiados e levaranse a cabo novas quendas de escavación arqueolóxica na Cibdá de Armea.
O calendario pecharase co mercado de artesanía e a feira apícola a principios de setembro e unha das citas gastronómicas máis agardadas do calendario, as Xornadas da Carne de Boi, que se celebrarán do 25 de setembro ao 11 de outubro na vila alaricana.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRODUTOS APÍCOLAS
Allariz adozou o padal coa mel dos montes de Galicia
INSCRIPCIÓNS ATA O DÍA 24
Allariz inicia o curso das súas escolas culturais
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Playa de Ríos en Vigo
MÁS DEPORTES
Un paseo en bicicleta por la Ribeira Sacra
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Cuando los mayores superan a los niños
Rafael Dávila Álvarez
Homenaje de Orense a la Legión