MÁIS DE 128.000 EUROS
Os viais de Fuxón e O Arnado en Allariz estrearán firme
Itinerario internacional
A Unión Musical de Allariz representará a Galicia e a España na vixésimo primeira edición do Festival Bandístico Internazionale di Besana in Brianza (Italia). A agrupación recibiu a invitación para participar neste certame internacional, un feito que desde a directiva sinalan como unha demostración do nivel musical e artístico acadado pola banda da vila.
A actuación principal dos alaricanos terá lugar o sábado, 27 de xuño, ás 22,30 horas, no Parco di Villa Filippini. Neste escenario, a delegación galega, formada por 61 músicos, compartirá cartel con outras 14 formacións procedentes da República Checa, Letonia, San Marino ou Hungría. O festival desenvolverase do 25 ao 28 de xuño e reunirá a máis de 800 instrumentistas de dez países.
A cita enmárcase nunha xira de dez días que a banda realizará ata o 5 de xullo. Ademais da súa participación no certame de Besana, a expedición percorrerá diversas localidades como Verona, Venecia, Milán, Bérgamo, Sirmione, o Lago de Como e Niza. O itinerario rematará no País Vasco cun concerto de clausura no Centro Cívico Arriaga de Vitoria.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁIS DE 128.000 EUROS
Os viais de Fuxón e O Arnado en Allariz estrearán firme
FIN DE LA PROMOCIÓN
“Merca no teu comercio” cerró campaña en Allariz
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido al salirse de la vía en la OU-533 a su paso por Viana do Bolo
CAMPANA EXTRACTORA
Trasladado al CHUO tras inhalar el humo de un incendio en avenida de Zamora
ELECCIONES PRESIDENCIALES
Iliana Yotova se convierte en la primera mujer elegida presidenta de Bulgaria
Benito Iglesias
¡El brutal coste de la incompetencia!