PRODUTOS APÍCOLAS
Allariz adozou o padal coa mel dos montes de Galicia
MÚSICA E MOITAS FLORES
Este fin de semana, a provincia volcarase coa celebración dos Maios, unha tradición de fondas raíces. Ademais dos habituais ramos de xesta que ocuparán casas -e dende hai anos tamén os coches-, as vilas celebran en comunidade. Malia que a maioría adoita esperar ao comezo do mes que dá nome á celebración, a vila alaricana adiantouse para reunir á veciñanza nunha mañá chea de música e flores.
Ás 11,30 horas da mañá, un cento de veciños acompañaron á chegada dos maios á Alameda, onde estarán instalados durante toda a fin de semana a vista de veciños e visitantes. A exposición, marcada polos motivos florais que definen a cita, estivo acompañada musicalmente polo grupo de gaitas De Pé Feito.
As pezas seguen a construcción tradicional, feita con materiais como o musgo, bugallos, xestas e flores, e os gañadores recibirán premios de ata cen euros.
Os alaricáns non só se citan para desfrutar das confeccións florais, senón que ademais participan no concurso de coplas satíricas, un evento que deixa ver o enxeño dos maiores e os pequenos, que compiten na súa propia categoría. Os grupos, compostos por cando menos oito persoas, cantaron as súas composicións diante de tódolos asistentes, aos que lles quitaron máis de unha e dúas carcalladas. O veredicto do xurado, elixido pola concellería de Cultura, farase público o vindeiro luns 4 de maio.
Na celebración do evento participaron tanto os novos como os maiores da vila, pois implicáronse tanto os centros educativos, como os centros de apoio e maiores, o Centro de Día, o Centro Valverde e a Residencia de Monterrei (Fundación San Rosendo), así como asociacións e colectivos sociais e veciñais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRODUTOS APÍCOLAS
Allariz adozou o padal coa mel dos montes de Galicia
INSCRIPCIÓNS ATA O DÍA 24
Allariz inicia o curso das súas escolas culturais
Lo último
INAUGURA SU EXPOSICIÓN
Tamara Feijóo cierra el círculo diez años después en Ourense
José Luis Fernández Carnicero
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Os obreiros son poucos
DESCARTAN EL CIERRE
Desacuerdo político por la gestión del Hospital de Verín