RENOVACIÓN DAS INFRAESTRUCTURAS
Reparada a cuberta do pabillón do IES de Allariz
SEGUNDO DÍA
Nunha mañá de sol, milleiros de persoas citáronse na Barreira de Allariz para desfrutar da recreación do orixe da Festa do Boi, uns feitos acontecidos hai máis de 700 anos. Acubillados debaixo da sombra que os árbores agasallaban, os visitantes ateigaron por completo a contorna da igrexa de San Benito, o emprazamento elixido nesta edición para comezar a Procesión Medieval.
A Festa do Boi é unha tradición estreitamente vencellada á relixión, nada en 1317 cando o fidalgo Xan de Arzúa, que lle da nome á asociación que organiza a festa, se enfrontou aos xudeus que aldraxaban a procesión do Corpus Cristi a lomos dun boi, liderando el mesmo a procesión. Estes feitos son os que os alaricáns reviven cada ano, vestidos coa indumentaria dos gremios que daquelas eran o motor da vila: ferreiros, curtidores, panadeiros, labregos ou carniceiros son algúns destes oficios que forman a senlleira procesión.
Este ano a programación mudou, e a procesión arrincou dende a Barreira, onde tamén interviron os gremios. Durante case unha hora, todos eles pasaron polo escenario para queixarse, discutir e mesmo pelexarse, nun ton humorístico no que a retranca -e algunha que outra mala palabra- foi a protagonista. Este ano as danzas gremiais fixéronse antes da procesión, que comezou pasadas as 13,00 horas.
Logo de percorrer o casco histórico e o enfrontamento do Xan de Arzúa contra os xudeus, a comitiva volveu á Barreira para o xantar medieval. Allariz despediu a xornada coa saída do boi ás 21,00 horas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RENOVACIÓN DAS INFRAESTRUCTURAS
Reparada a cuberta do pabillón do IES de Allariz
ENFILA A LOS AGENTES
A 200 km/h, a oscuras y sin carnet: se fuga en un coche robado en Allariz
Lo último