POESÍA NA VILA
Versos e música tomarán as rúas de Allariz no XI Poemagosto
LIBERDADE COMO LEMA
O Festival Internacional de Xardíns de Allariz (FIXA) levantará o telón da súa XVI edición o vindeiro sábado 16 de maio, inaugurando o recinto e os novos xardíns, desta volta inspirados na temática “liberdade”.
O acto inaugural contará coas habituais actuacións sorpresa ao longo do percorrido, buscando que o público asistente experimente a liberdade, reforzando o tema deste ano a través da música, o movemento e a propia natureza dos xardíns.
Nesta edición do FIXA, apostouse por buscar un equilibro “perfecto” entre proxectos que chegan dende diversos puntos do planeta e as propostas de gran calidade nacidas na contorna. Obras paisaxísticas chegadas dende Portugal, Austria, Italia, Sudáfrica, Países Baixos, Chile, Colombia e México sumaranse ás nacionais, chegadas dende Madrid ou Murcia, e ás do país, presentadas dende A Coruña ou polo propio IES de Allariz.
A experiencia complétase cos dous deseños elixidos polo xurado ténico e o público na pasada edición. “Rocallas” -na foto-, foi o gañador do voto técnico da Asociación Española de Paisaxismo, mentres que “Se chove que chova” foi o vencedor popular.
Así, dende o Concello convidan a tódalas persoas que queiran compartir o inicio desta nova tempada, que se alongará ata finais de outubro, e na cal poderán votar polos seus favoritos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
POESÍA NA VILA
Versos e música tomarán as rúas de Allariz no XI Poemagosto
PLAN *BEN_ESTAR*
El pabellón del instituto alaricano estrena cubierta
APOIO E RESPETO
Allariz festexa aos maiores con actividades en comunidade
Lo último
UNIÓN MÉDICA Y FACULTATIVA
Los médicos aplazan la huelga indefinida prevista para el 28 de octubre tras el adelanto electoral