A cultura galego-portuguesa cítase na Casa da Cultura de Allariz
III XORNADAS
Rochi Nóvoa, a impulsora do evento, defíneas coma “unhas xornadas onte teña peso a palabra, tanto escrita coma oral a través das súas expresións, especialmente a artística”
A Casa da Cultura de Allariz abrirá as súas portas esta fin de semana para encherse de cultura galego-portuguesa coas III Xornadas que organiza a asociación cultural O Tangaraño, unha cita que comezou en Xinzo e que grazas á colaboración de Galiportuspodcast chegou ás terras do Arnoia.
Rochi Nóvoa, a impulsora do evento, defíneas coma “unhas xornadas onte teña peso a palabra, tanto escrita coma oral a través das súas expresións, especialmente a artística”, pero nas que tamén hai espazo para outros ámbitos. A recepción das xornadas comezará o sábado 18 ás 11,30 horas, dando paso á palestra “Allariz e Ponte da Limia. Vidas Paralelas”, que falará das similitudes entre as dúas vilas, as cales chegaron a un irmandamento o derradeiro ano. Logo comezará a ponencia de Aritmar, onde se atenderá á unión da poesía e da música galega e portuguesa.
Unha das partes fundamentais destas xornadas é o eido gastronómico, que cobra especial importancia o sábado co xantar popular de caldo verde e arroz con bacallau. Os interesados deben reservar na páxina do Tangaraño. A sesión vespertina do sábado contará cunha ponencia sobre a labor veciñal, “Vox Populi: Mudalo todo, Altri e As Conchas”, onde se falará do proceso de paralización do proxecto “que moita xente vía imposible”. Ademais, contará co clube de lectura e unha actuación musical para pechar a xornada. Outra das citas destacadas da tarde será a ponencia de O Zoco Gz sobre a “Identidade e compromiso ao servizo da cultura galega”.
O domingo 19 comezará co roteiro cultural “Tras os pasos de Sta. María na Galiza e Portugal”, que terá unha duración de dúas horas e media. Ás 13,00 horas celebrarase o recital poético, que maridará vermú e natas antes do peche oficial das xornadas en Allariz.
Xinzo de Limia
Esta cita, que “naceu da vinculación da Limia con Portugal”, segundo explicou Rochi Nóvoa, volverá o 23 de abril á Casa da Cultura limiá, que abrirá as súas portas a partir das 18,00 horas para unha tarde chea de palabra e gastronomía, comezando coa presentación do libro “Sempre abril” e rematarán cunha degustación de mel ecolóxico e natas portuguesas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OFICIOS TRADICIONAIS
A Alameda de Allariz, ateigada de tecedoras
CULTURA E NATUREZA
O patrimonio de Allariz, a descubrir en sete actividades
TERROR SOCIAL
Sae á luz “Home”, a novela inédita do autor Antón Risco
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
CORREDOR LOCAL MÁS RÁPIDO
Fermín Sousa recoge el premio José Luis Outeiriño del 59º Rally de Ourense
ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones