SAMANA SANTA AO VIVO
Las actuaciones callejeras protagonizan la Semana Santa en Allariz
O día 1 de outubro celébrase o Día Internacional das Persoas Maiores, á que dende hai 17 anos o Concello de Allariz se suma ca Semana dos Maiores, que organiza a través da concellería de Benestar Social.
As actividades comezarán o 1 de outubro cunha andaina e xantar de convivencia, á que é necesario anotarse antes do 29 de setembro. O martes 7 de outubro, ás 17,00 horas no Fogar dos Maiores, terá lugar un obradoiro impartido pola psicóloga sanitaria Marisa Fariñas, para reflexionar arredor dos cambios que vivimos ó longo do tempo. As inscricións estarán abertas ata o 3 de outubro.
A viaxe cultural á A Coruña celebrarase o venres 10 de outubro, sendo unha das actividades máis agardadas e que permite ós participantes gozar un día xuntos na cidade. As persoas interesadas poderán inscribirse dende o luns 29 de setembro ata o venres 3 de outubro ás 14,00 horas. A recta final de actividades comezará o mércores 15 de outubro, cando o Fogar dos Maiores acollerá o obradoiro “Lembrar, volver a pasar polo corazón”, conducido por Getse Valenzuela. Será ás 17,00 horas e a inscrición permanecerá aberta ata o 14 de outubro.
O ciclo pecharase o venres 17 de outubro, ás 19,00 horas no Fogar dos Maiores, coa presentación do proxecto “Fiar e cantar”, que recolle a memoria das mulleres transmisoras da música e da poesía oral galegas.
A concelleira de Benestar Social e a técnica de maiores, Tania Álvarez e Sonia Paz, convidaron “a todas e todos a participar e gozar destas datas, porque sodes as e os verdadeiros protagonistas”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SAMANA SANTA AO VIVO
Las actuaciones callejeras protagonizan la Semana Santa en Allariz
ACCESIBILIDADE
Allariz renova a súa web, máis “accesible e útil”
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: domingo, 22 de marzo
BORRASCA THERESE
Ourense registra este domingo la temperatura máxima de España