A crise pediátrica en Xinzo agrávase con outra baixa
A ausencia da única especialista en Pediatría dispoñible deixa o servizo “nunha situación moi crítica” no centro de saúde de Xinzo de Limia
Dende xa hai varios meses, o servizo de pediatría do Centro de Saúde de Xinzo de Limia ten unha atención “deficitaria, debido á falta de persoal sanitario”, segundo a plataforma pediátrica de A Limia, que reclamou nunha carta formal dirixada aos alcaldes da bisbarra que estiveran ao seu carón na procura “dun servizo digno e de calidade”. A pesar de contar co apoio dos devanditos rexedores, a situación empeorou aínda máis debido a baixa da única pediatra que estaba dispoñible e que deixa ao Centro de Saúde de Xinzo nunha situación que cualifican de “moi crítica”.
O recomendado, dado o número de poboación, é ter un servizo de pediatría dunhas oitenta horas á semana, e agora mesmo o Centro de Saúde de Xinzo ten servizo de pediatra de únicamente vinte horas e nove horas de puericultura.
Camilo Vila, voceiro municipal do BNG de Xinzo, lamentou que se estea a cumprir un dos escenarios que se advertiron nas últimas reunións co grupo de Goberno. “Malia a boa vontade predicada polo Partido Popular, os feitos indican que o servizo de pediatría de Xinzo corre un grave risco. Dende o verán unha das facultativas atópase de baixa e o remendo da xerencia do Sergas é absolutamente insuficiente”, apuntaba Vila.
Vila aludiu tamén “á improdutividade da reunión mantida a semana pasada co resto da corporación municipal, onde quedaron invalidados tanto o argumento de que non hai pediatras coma o de que é imposible administrativamente cubrir o servizo”. A maiores, advirte de que “é unha irresponsabilidade mandar a calquera neno menor de catro anos directamente ó servizo de Urxencias do CHUO pola conxestión do servizo e polo que significa tal volume de desprazamentos”.
A reunión para tratar este asunto, na que está prevista a participación do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, pasará a celebrarse o día 30.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este martes, 23 de diciembre, en Ourense
CONSULTA EL DOCUMENTO
Hacienda congela, otra vez, los fondos al Concello de Ourense
PODCAST Y VÍDEO
EL PRIMER CAFÉ | Martes, 23 de diciembre