Merenda saudable no CDR O Viso grazas ao emprego da Biocociña
REFORZO POSITIVO
O equipo de Biocociña do Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) O Viso recibiu na última semana de xuño unha petición moi especial
Terían que encargarse de elaborar unha merenda para a despedida de fin de curso dos grupos de ximnasia e memoria que oCDR leva a cabo en Lodoselo.
As integrantes, Lourdes Augusto, Xiana Carballo e Lourdes Sotelo, levan tempo traballando e aprendendo as claves sobre a alimentación saudable. E esta merenda foi a oportunidade perfecta para que puxeran en práctica todos os coñecementos adquiridos.
Non faltaron os pinchos de froita, nin as framboesas de tempada, pero tampouco pratos salgados coma tortillas e embutidos elaborados por elas. Debido á importancia da cita, as expertas en Biocociña puxeron todo o seu empeño para que a pequena festa de peche de curso saíra ben.
E vista a velocidade coa que a xente deu conta da mesa chea cos deliciosos aperitivos preparados por todas elas, poderíase dicir que pasaron a proba con éxito.
Ven favorecida a súa valoración persoal
Dende a dirección do CDR subliñan que as compoñentes deste grupo non só adquiran coñecementos sobre unha boa alimentación, senón que tamén vexan favorecida a súa valoración persoal grazas ao reforzo positivo que lles ofrece a xente coa que interactúan. De aí a importancia das festas e xuntanzas en comunidade.
Esta acción enmárcanse no proxecto Biocoidados, vinculado ao Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e financiado pola Unión Europea.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que nunca es tarde si la dicha es buena?
REFUERZO AÉREO
Dos millones de euros para la base aérea Antela
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 9 de diciembre
UNA "GRAN NOCHE"
Un Raphael totalmente incombustible conquista Madrid: “¡Un año más!”
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 9 de diciembre