Festa gastronómica

Concurso e premios da mellor empanada de Allariz

Edición anterior da Festa da Empanada de Allariz (Foto: Archivo).
photo_camera Edición anterior da Festa da Empanada de Allariz (Foto: Archivo).
O concurso que busca a mellor empanada en Allariz desenvolverase o 20 de agosto ás 12,30 horas no Campo de Vilanova

O concurso “A mellor empanada de Allariz” é unha das actividades estrela de iste ano na Festa da Empanada, e ten como obxetivo premiar o talento e a dedicación dos veciños e profesionais de hostelería que disfrutan a hora de elaborar e innovar, mantendo a tradición culinaria.

Todos aqueles que queiran participar neste concurso poden inscribirse ata mañá venres, 18 de agosto, ás 14,00 horas. 

Poderán participar todas as persoas físicas maiores de 16 anos que se anoten no correo electrónico [email protected], indicando o nome completo, data de nacemento e en que modalidade quere participar. A inscrición é de balde e poderanse formalizar ata o 18 de agosto, ás 14,00 horas.

O propio 20 de agosto a persoa que se anotara no concurso deberá entregar a empanada a organización así como a receita da mesma e os seus datos persoais para que esta lle asigne un número e así o concurso sexa totalmente anónimo.

A actividade desenvolverase o 20 de agosto ás 12,30 horas no Campo de Vilanova de Allariz. A organización valorará a presentación e sabor do produto presentado ao Concurso. Valorarase tamén a utilización de produtos locais, de proximidade así coma produtos elaborados na Reserva da Biosfera Área de Allariz.

As gañadoras deste primeiro concurso “A mellor empanada de Allariz” serán escollidas por un xurado que a organización designará.

Premios Festa da Empanada en Allariz

A organización premiará ao autor/a da:

  •  Mellor Empanada Profesional 2023: Distintivo de Mellor Empanada de Allariz.
  •  Mellor Empanada Amateur 2023: tres categorias: 1ªclasificada (vale de 300 euros), 2ª clasificada (vale de 100 euros), 3ª clasificada (vale de 100 euros).

Todos os vales serán para gastar no comercio e na hostalería de Allariz.

Os datos subministrados polas persoas participantes serán tratados confidencialmente e recollidos nun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal, e serán empregados exclusivamente para este concurso e as comunicacións pertinentes, sendo eliminados pasado os tempos legais preceptivos.

Conforme á lei vixente os interesados poden exercitar respecto dos seus datos os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición enviando unha carta á concello de Allariz,Praza Maior, 1, 32660, Allariz, Ourense. Tamén poderase enviar ao correo electrónico: participa@allariz. gal.

A participación no concurso implica a aceptación das presentes bases polo que a manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte da mesmas implicará a exclusión da persoa participante e como consecuencia, o Concello de Allariz quedará liberado do cumprimento da obriga contraída con dito participante. A participación neste concurso implica a aceptación das bases, así como os cambios que o Concello de Allariz poda levar a cabo no concurso por causas xustificadas.

Te puede interesar