O Terra de Mosteiros recuperou o patrimonio da mancomunidade

260722 Clausura Obradoiro 1 (1)
photo_camera Alén -cuarto pola esquerda- cos alcaldes e alumnos do obradoiro fronte ao Concello de Paderne.
O obradoiro, impulsado pola Consellería de Emprego, formou a 20 alumnos 

O obradoiro Terra de Mosteiros, integrado por alumnado dos concellos da Mancomunidade de Municipios de Ourense, chegou ao seu fin cun acto de clausura este martes no Concello de Paderne de Allariz. O taller, impulsado pola Consellería de Promoción do Emprego, contou cunha achega de 366.446 euros e permitiu recuperar bens patrimoniais, pero tamén espazos naturais nos concellos de Esgos, Nogueira de Ramuín, Paderne de Allariz, Parada de Sil, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas ou Xunqueira de Ambía. 

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse ata Paderne de Allariz para supervisar, xunto aos alcaldes da mancomunidade, as actuacións levadas a cabo por 20 alumnos, os cales dividíronse nas formacións de “Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes” e “Actividades de revestimentos con pastas e morteros en construcción”. 

Entre outras actuacións levadas a cabo, destacan as tarefas de acondicionamento do lavadoiro de Meiroás, en Esgos; o  mantemento da ruta sendeirismo Maquiño Largaño, en Nogueira de Ramuín ou a actuación de adecentamento do entorno da nave da castaña, en Parada de Sil. 

Por outro lado, en Paderne de Allariz acometéronse varias e importantes obras como a adecuación da Aira de Caxamonde ou a conservación do forno deste enclave.  En Pereiro de Aguiar leváronse acabo actuacións no lavadoiro e en San Cibrao limpouse a área recreativa do Corgo. 

Por último, en Xunqueira de Ambía realizáronse tratamentos silvícolas en diferentes zonas do Concello. 

Gabriel Alén sinalou que a meta dos obradoiros duais de emprego pasa polo incremento das oportunidades laborais dos galegos e galegas

Te puede interesar