A artista Olga Bernardo leva as súas obras ata Lobios

Olga Bernardo presenta una exposición, en Celanova.
photo_camera Olga Bernardo presenta una exposición, en Celanova.
A mostra artística, baixo o nome de "Esencia", estará dispoñible ata o 31 de agosto na Biblioteca Municipal

A Porta de Lobios xa presume dunha nova exposición artística. A mostra de pintura  “Esencia” encherá o lugar de cor e arte, da man da artista Olga Bernardo. 

Olga Bernardo é natural de Riocaldo (Lobios) e volve a súa vila natal para presentar un dos seus últimos traballos, unha colección coa que busca sorprender ao público amosando a “esencia” das súas pinturas. 

Os veciños ou os turistas que se acheguen a Lobios e estean interesados en coñecer “Esencias” poderán facelo ata o vindeiro 31 de agosto. O horario de visitas é os luns de 10,00 a 14,00 horas, mentres que de martes a domingo de 10,00 a 14,00 horas e de 16,30 a 20,30 horas. A exposición localízase na Biblioteca municipal.

Esta exposición, que foi inaugurada onte pola tarde da man da artista, é unha máis das iniciativas que realiza o Concello de Lobios para ofrecer un amplo programa cultural, lúdico e variado aos turistas e visitantes que se achegan a este municipio ourensá durante os meses de verán. 

Te puede interesar