POLIDEPORTIVO MUNICIPAL
Bande estrena cubierta sobre su pista de pádel
Tras a boa acollida que tivo en xullo en Celanova, a artista de Riocaldo Olga Bernardo expón estes días a súa obra na Porta do Parque en Lobios. Unha exposición que leva por nome “Esencia” e que poderase visitar ata o 31 de agosto.
En xullo estivo en Celanova, agora Lobios, cal será a seguinte parada?
Eu, onde me chaman, alá vou. Xa estiven na Casa dos Poetas e na Sala dos Arcos e tamén en Entrimo. E agora convidáronme para expoñer na Cámara Municipal Ponte da Barca o 8 de setembro. Aquí ando eu dun lado e outro da raia. A miña primeira exposición foi en Portugal, co grupo Arte Vadia, que me deu a oportunidade de entrar no grupo de pintores. Foi no 2021. Ata aí, eu non me decidía.
Que a animou a dar o paso?
Coa pandemia empecei a expor en liña cun grupo que contactou do sur de España. O primeiro cadro que pintei en abstracto foi seleccionado para ser exposto na Cámara de Comercio de Granada e, a raíz de aí, foi como me decidín a ir ao abstracto.
E o estilo que a identifica?
Si, aínda que a proposta de Celanova foi algo diferente, máis figurativa. Saíndo dos patróns e das liñas marcadas… Persoalmente, gústame reivindicar e teño en estudo unha exposición que me gustaría adicar a xeración da miña nai e das miñas avoas, que foron unhas loitadoras… Salvo iso, polo xeral eu cando me poño a pintar, non sei como vai rematar o cadro. Eu teño a idea, pero non sei como a vou plasmar, é o cadro quen me vai levando.
Que lle din na casa?
Se non fose polo meu marido e pola filla, eu creo que tiña tirada a toalla fai moito. Porque son moi cortada, moi nerviosa e estas cousas sobrepásanme. Eles sempre están detrás a pico e pa, e os amigos, que son incribles. Eles e a familia creron antes en min ca min mesma, dicíanme que o meu traballo era fantástico, que o tiña que expor, pero a min custábame, aínda hoxe, porque é como espirse. En cada cadro pos os teus sentimentos, pos a alma.
Como xurdiu a súa afección?
Por circunstancias persoais, hai uns anos pasei de non me chegar as horas do día a non ter nada que facer. E disto que empecei a mirar en YouTube, atopei algo de pintura de flores e pensei que non sería difícil. E así empecei, entroume o gusanillo e fun investigando, experimentando, meter materiais novos. Todo autodidacta. Para min, a pintura é unha evasión, desconecto do mundo. Póñome a pintar e pásanme as horas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
POLIDEPORTIVO MUNICIPAL
Bande estrena cubierta sobre su pista de pádel
PARQUE NATURAL DE PENEDA-GERÉS
Drama en Lindoso: un bombero herido en un virulento incendio que llega ya a las casas
Lo último
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
HUELGA SANITARIA
Batas en la puerta del CHUO
ANIVERSARIO
A palabra de Marcos Valcárcel segue viva
AGRESIÓN SEXUAL EN OURENSE
Ratificados los 13 años por violar y “cosificar” a su expareja en Ourense: "Te voy a follar cuando quiera"