Coronavirus en Ourense

O PSOE de Lobios insta á alcaldesa a solicitar un cribado masivo na localidade

Xinzo de Limia. 16/01/2021. Cribado masivo con probas PCR  na comarca de Xinzo de Limia polo aumento de casos de Covid-19.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Cribado masivo (Foto: Xesús Fariñas)

Lobios ten 31 casos activos e unha incidencia acumulada por riba de 250

O PSOE de Lobios vén de pedirlle á alcaldesa da localidade, María del Carmen Yáñez, que solicite a Sanidade un cribado masivo en todo o municipio ante o aumento de casos nos últimos días.

Os socialistas sinalan a importancia de deter a evolución de contaxios no municipio e piden “non baixar a garda”, así como que se leven a cabo todas as medidas oportunas ante a “grave” situación epidemiolóxica. O concelleiro do PSdeG en Lobios, David Fernández, esixiulle á alcaldesa “seriedade ante a situación” actual e que “se poña canto antes a xestionar para evitar consecuencias peores”.

Lobios conta este xoves con 31 casos activos  e cunha incidencia acumulada por riba do 250.

Te puede interesar