O abandono da rúa Murillo no ’Couto’

Vai para un ano que na rúa Murillo fixeron glorietas en pedra, adosadas as beirarúas, para prantar árbores, e tamén tres pasos de peóns con rebaixes para minusválidos.

Os veciños tivemos ante esta obra varias opinións, pero case todos ledos por humanizar cas árbores un pouco a rúa e o servicio para minusvalidos e carriños de rodas.
Pasado como digo case un ano, ¿u-las árbores? ¿Saben para qué serven os buratos de terra? para WC dos cans. ¿E os rebaixes na beirarúa? para aparcadoiro dos furgóns que veñen cada día cargar e descargar ós almacens Yebra. Señor Sánchez Vidal, que as promesas electorais de mirar máis polos barrios non as leve o ar.

Te puede interesar
Más en Cartas al director