AGRADECIDA POR UNHAS PRÁCTICAS

Quero dar as grazas a La Región pola oportunidade de poder facer as miñas prácticas laborais a través da asociación ADO (Asociación de persoas Discapacitadas de Ourense).
Por confiar, apoiar e integrar laboralmente. Quero dar as grazas aos meus compañeiros/as porque me gustou estar convosco, na vosa compañía. Porque me sentín moi a gusto traballando e aprendendo, aprendendo e traballando. Por respectar os meus dereitos e notar o voso apoio e comprensión. E, sobre todo, porque fun unha traballadora mais, sin diferenzas nin distincións, formando parte activa dunha sociedade xusta.

Te puede interesar
Más en Cartas al director