o bando do concello de o carballiño

O vindeiro día 25, como todos sabemos, celebrase o Día de Galicia, o día de todos os galegos. Esta idea, que xa estaba no espírito do acordo tomado na asemblea de As Irmandades da Fala celebrada no ano 1019, polo que se estableceu a celebración do día 25 de xullo como o Día de Galicia a partires do ano 1920, co paso do tempo, para algunhas agrupacións foi perdendo ese significado de 'colectivo', pola exclusión a que nos teñen acostumados, e aínda seguen a pensar que Galicia é deles, e que os únicos galegos son eles.
Todo esto ven a conto dos múltiples comentarios que surxiron como consecuencia do bando que, acertadamente na miña opinión, o Concello de O Carballiño publicou, facendo un chamamento a 'engalanar' os balcóns nesta data. Por suposto que para todos os galegos, e para todos os que residimos en Galicia, este e un Día con maiúsculas, o noso Día.

E cando digo esto estou incluído tanto aos que o celebran saíndo en manifestación cun corpo celeste na nosa bandeira, como aos que o celebran de outro xeito. Afortunadamente en Galicia conviven moitas formas de pensar, e a maioría non seguen ese criterio de exclusión con tan grande calado nas formacións políticas que se cualifican de 'nacionalistas'.

Te puede interesar
Más en Cartas al director