EU GATO. RECETAS CON SABOR A 'PERDIZ Á ESPAÑOLA'

O Goberno aproba o maior recorte social da Democracia. O PP rompe o consenso sobre RTVE para impoñer o presidente. As universidades públicas que incorran en déficit serán sancionadas. Os executivos autonómicos serán facultados para privatizar e pechar as súas televisións. As radios poderán volver aos estadios de fútbol.
Como a toda receita, para mellorala, lle engadamos algo de imaxinación, por exemplo, algo máis de sal (a crise asfixia aos últimos ilustrados), picante (o Goberno rexeita a oferta de negociación dos sindicatos), cebola (manifestacións baixo lupa policial), comiño (Funcas dá por feito que o Goberno subirá o IVA en 2013), loureiro (o PSOE asegura que os recortes dificultan aínda máis a recuperación), ou talvez pementa (o FMI pide baixar as pensións ante o risco de vivir máis do esperado).

A receita da miña cociña imaxinativa chamaríase 'gato á española'. Pouco de nada, e moito de supervivencia. Algo así como, por moito que me cociñen, non me van comer. Sete vidas teño, sete; sete e outras tantas teño para facelos comprender que por máis que me aperten, redúzanme, á mais absoluta das miserias, sobrevivirei.

Póñanme onde me poñan rexurdirei coa receita que compoñen todos e cada un dos condimentos que farán de novo a única receita que aprendín a cociñar: 'O estado do bienenestar'.

Te puede interesar
Más en Cartas al director