VALENTÍN PAZ-ANDRADE

Naceu en Pontevedra en 1898 e faleceu en Vigo en 1987. Foi xurista, economista, político, empresario impulsor de Pescanova, (da que chegaría a ser vicepresidente), escritor, poeta e xornalista galeguista. Iniciouse no movimento galeguista da man de Castelao, que lle chamaba 'o Mozo'. En 1921 foi enviado á fronte na Guerra de Marrocos. Foi redactor xefe do diario 'Galicia' e estivo 15 días no cárcere pola publicación de dous artigos críticos.
Foi candidato ás Cortes Constituíntes de 1931 e colaborou na redacción do anteproxecto de Estatuto de Autonomía de Galicia. No 1932 sofre un atentado por parte de dous pistoleiros anarquistas, por mediar nun conflito laboral representando á patronal. Presentouse con Castelao na lista de 'Izquierda Republicana'. Durante o Bienio Negro, cando Castelao e Bóveda foron desterrados, asumiu a secretaría do Partido Galeguista. Durante a Guerra Civil axudou a fuxir a diversos galeguistas e a outros defendeunos como avogado. Foi desterrado a Verín, onde o intentaron matar dous falanxistas.

Escribiu varias obras de poesía: Sementeira do vento e Cen chaves de sombra. En 1939 foi tamén desterrado a Badaxoz. Publica Pranto matricial. Coa democracia foi senador por Pontevedra. Publica Castelao na luz e na sombra e en 1985 entra na RAG. Chora, Terra, teu pranto matricial. / O que todo galego choraría, / se inda chorar puidera / até cubrir de bágoas o mare.

O ano pasado adicáronlle o Día das Letras Galegas.

Te puede interesar
Más en Cartas al director