A bolboretiña do día | Miñocas, vermes e lombrigas
Para que escoller? Se podes ter dúas palabras, non teñas unha, así, en xeral. Son os sinónimos. O dicionario recolle as dúas, miñocas e miocas, se ben lle dá certa preferencia á primeira onde fai a descrición e os nomes científicos. Eu doulla a mioca, porque é como digo desde sempre. Nos textos do XIX son maioritarias as miocas porque Lamas Carbajal e o Tío Marcos da Portela usan sobre todo esa forma. Fóra de Ourense, si, gañan as miñocas. En Portugal, tamén, e miocas é só un rexionalismo de Tras-os-montes, os nosos veciños. Para nós as miocas-miñocas son un tipo de vermes que en castelán chaman “lombrices”. Pero os galegos, como os romanos, distinguimos entre vermes, os de terra, -entre eles as miocas- e lombrigas -do latín lumbricuseses grimosos do intestino e que os que temos certa idade tivemos. En fin, como agora os nenos xa nin cortan miocas pola metade cos dedos, nin comen terra, e hai esta vivencia case enfermiza da hixiene, pois xa non as teñen. E iso que estaban connosco desde que o mundo é mundo. Pero un alivio, tamén pruían alá onde saben vostedes. E os que non o saben, pasan ben sen sabelo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LAS PARISINAS PYTHIES
El público ourensano será testigo de una combinación única de rock feminista y brujería
Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
O Drácula de Luc Besson
"Hasta siempre, siempre, siempre"
Nietzsche escucharía Extremoduro
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas