Nos oitenta anos de Acisclo
ARTE ET ALIA
Seica amenceu fresco o día seis. A herba parecía máis medrada arredor da casa, e brillaba coa rosada, cando saía. Mágoa non poder achegarme a saudar a miña nai, pensou Acisclo, mais non podo ir ata Piñor, como outros anos. Non. Era o seu costume achegarse ao camposanto, e máis dende que os irmáns morreran... Alí está, dende fai un tempo, un cristo cerámico, pequena mostra do fillo menor escultor. Así que logo de enredar pola casa, saíu contra o medio día para coller o coche e achegarse á vila de Cea. Hoxe era feira, e malia todo, habería pulpeira de Arcos, do Carballiño. Logo iría mercar unha empanada á Boamigalla. Que era o seu cumpleanos, algo especial, iso si, que oitenta son oitenta.
Moito ten camiñado cos seus pequenos pasos dende a rúa ourensá da Barreira, onde naceu Acisclo Rogelio Manzano Freire. Moito ten esculpido, modelado e debuxado. Algunhas das súas obras aínda están expostas no sobreclaustro do mosteiro de Xunqueira de Espadanedo, mostra inaugurada no outono pasado, unha homenaxe a Niñodaguia, terra de alfareiros. O escultor cambiou as madeiras coas que traballaba polo barro ibicenco en 1968 a partires de vivir tempadas alí, coa familia de Xaime Quessada. Unha relación a súa de colegas de exposicións, compañeirismo e complicidade. Dun xeito distinto con Manolo o Buciños, co que compartía taller na Barrela a comezos dos sesenta. Talla, escultura en pedra, e fundición, que pronto desbota, aínda que non renuncie ás esculturas monumentais en ferro, aluminio ou aceiro corten, obras que, unha vez ideadas, delega noutros, como fixo tamén coa pedra. Así na escultura de bronce ao pan en Cea, en 2016, ano no que compartiu o premio Otero Pedrayo con Buciños. Ou as catro esculturas-láminas de aceiro corten en agosto do 2018 no cumio dun outeiro cheo de viñas no Ribeiro, para Viña Costeira, unha práctica de fai anos, caso da Deusa do Ribeiro, en poliéster, nada así en 1987, e que en marzo de 2019 comezou a presidir a Ínsua dos Poetas, en Madarnás-O Carballiño, renacida e transformada en Kallíope, musa da poesía, logo duns engadidos iconográficos. Porque ante Acisclo, o escultor poeta, creador de imaxes máis que escritor, que expresa mellor os seus soños, líquidos e suxestivos, nuns debuxos, e delo hai probas pois se converteron en gravados para acompañaren as poesías de Miguel Mosquera Paans, “Archivos de la memoria y el mar”, 2008.
Adaptarse sempre
Así é o noso Acisclo, un fluír, un adaptarse sempre, como as augas dende que o mundo é mundo. Comezou coa madeira, dende as vigas vellas e pontóns, algunhas do vello pazo episcopal, hoxe Arqueolóxico, que ten premio de talla na Escola de artes e Oficios en 1958, uns coñecementos que mellorou co escultor José Liste en Santiago, e así daquela tallou un gran Cristo para unha igrexa de Ourense. Porque como resaltaba Vicente Risco en 1962, no canto da descarga das obras que viñan da colectiva en Madrid, e preguntaron polas súas obras, dixo un: “leña non ven ningunha”. Dende fai uns anos hai unha gran madeira diante da porta da súa casa, na que aos poucos esculpe coas gubias poesía.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LAS PARISINAS PYTHIES
El público ourensano será testigo de una combinación única de rock feminista y brujería
Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
O Drácula de Luc Besson
"Hasta siempre, siempre, siempre"
Nietzsche escucharía Extremoduro
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas