PRESERVACIÓN DE TRADICIONES
Nacho Rovira, coleccionista: "La Pantalla de Xinzo es una de las máscaras más originales del mundo"
Tempo de Entroido
Laza, con menos control policial, despide o seu Entroido máis singular e diferente cumprindo coas tradicións: os Peliqueiros deron as últimas carreiras na Picota e o Testamento do Burro non faltou á cita.
Este martes a Praza da Picota encheuse co son dos chocos e coa emoción daqueles que pasaban por alí para despedir o seu Entroido.
Para rematar a celebración, procedeuse a ler o Testamento do Burro, que este ano trouxo peculiaridades: de maneira online. Sobre ás 19:30 horas os veciños de Laza escoitaron o Testamento do Burro dende as súas casas, mentres que os máis entroideiros e, ás carreiras, os Peliqueiros puideron oílo na Picota, para que, así, Laza puidera chorarlle ao seu Entroido ata para o vindeiro ano.
Este martes, o Entroido notouse en pequena escala noutros concellos da provincia. É o caso de Xinzo de Limia, no que as pantallas sairon a rúa para mostrar que esta celebración está moi viva a pesar das restricións. Tampouco a chuvia impediu que as pantallas levarán a felicidade as rúas da vila limiana.
Na cidade, moitos cidadáns non dudaron en disfrazarse ao longo do día para saír a rúa neste martes de Entroido. En Eiroás non quedaron sen "Voda da Pita", pero este ano tivo que ser on line debido as medidas para frenar os contaxios de coronavirus. Tamén foi virtual o desfile de Entroido do concello de Barbadás. Un evento con máis de 65 inscripcións e que tiña premio.
O virus tampouco impediu un pouco de troula en Vilaverde (Melón). Alí, un grupo de veciños, con distancia de seguridade e mascarilla, recorreron vestidos para a ocasión as súas rúas. Non faltaron os bailes, as risas e as ganas de pasalo ben.
Tamén se mantiveron as medidas de seguridade no recorrido que fixeron este martes algunhas comparsas polas rúas de Maside. Os participantes, sen medo a mollarse pola chuvia, levaron alegría os seus veciños.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRESERVACIÓN DE TRADICIONES
Nacho Rovira, coleccionista: "La Pantalla de Xinzo es una de las máscaras más originales del mundo"
EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS
Galería | El espíritu del Entroido de Ourense se deja ver en el Museo do Pobo Galego
Lo último
Miguel Anxo Bastos
La decepción de Trump
"RUTAS QUE REXENERAN"
Trevinca-Valdeorras da a conocer su patrimonio
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
El soplo secreto