ENTREVISTA - VIDA

Roberto Nogueiras, artesán e artista do Entroido

Roberto Nogueiras (MARTIÑO PINAL).
photo_camera Roberto Nogueiras (MARTIÑO PINAL).
Hoxe fai pezas artesáns únicas que amosa con orgullo e que as pantallas levan con sentimento.

Dende cativo, Roberto Nogueiras sente e vive o Entroido dun xeito especial. Daquela facía miniaturas de máscaras de pantallas con anacos de cartón. Hoxe fai pezas artesáns únicas que amosa con orgullo e que as pantallas levan con sentimento. Máis alá, é pintor do realismo. Un realismo que traspasa a apariencia física daqueles que retrata. Como un don, capta o cerne dos protagonistas, facendo que cada cadro sexa tamén unha expresión da súa forma de ser. Él é un artista. É un artesán. É un bo coñecedor do Entroido. Que o sente e o transmite con serenidade e orgullo. O escintilar dos seus ollos coa palabra Entroido o delata.  

En pleno Entroido e como artesano e artista de máscaras de pantallas, cóntenos, de onde lle ven esta paixón?

Dende cativo vestín a pantalla. Lembro perfectamente a primeira vez que a miña nai me levou ao obradoiro de Juan  o do “Antioquia" para  mercar a miña primeira máscara de pantalla e como desfrutei co que tiña ante os meus ollos. Teño o recordo perfectamente gravado dese día, o cheiro a pintura...Para ir satisfacendo a miña inquietude creativa neste eido, facía pantallas en miniatura aproveitando anacos de cartón que tiña na casa ata trasformalos en máscaras de pantalla pequeniñas que logo pintaba e acababan colocadas a modo de exposición na miña habitación.

E agora vén de entregar oito pantallas que lle encargaron.

Son pedidos que me van chegando gracias ao boca orella. Anualmente non acepto máis de dez. Gústame tomarme o meu tempo para facelas e darlle esa característica especial que considere que representa á persoa que a leva. Segundo os seus rasgos físicos e mesmo a personalidade, a forma da cara da pantalla muda. Son diferentes dentro da súa semellanza. E a decoración do corno é un pouco ao gusto de cada un, dentro dos motivos do universo. 

Como vive o momento de entrega?

Ese intre para mín é o máis especial. Ver na cara da xente que lles gusta. Observar as sensacións que esperta cando a teñen entre as mans, é indescriptible. 

Como se elabora unha pantalla?

Partimos dunha base dun chapeu de fieltro para a cara e de papeis de xornais pegados con engrudo (fariña máis auga) ao que se lle da unha primeira e mínima forma e se deixa secar. A partir de aí vaise tallando a cara. Por outra parte, faise o corno a partires de dous cucuruchos cosidos a man aos que se pegan papeis de xornais. Todo elo hai que traballalo para conseguir darlle os rasgos particulares de cada un. A continuación ven o pintado. Eu emprego tanto a pintura tradicional como, co visto bo da Asociación da Pantalla, o aerógrafo.

En que se nota o selo de Roberto Nogueiras nelas?

Penso que a aerografía lle da unhos acabados que o pincel non permite. Un xogo de sombras e difuminados que varían segundo a luz e o movemento. Aínda que sigo pintando a pincel porque a xente tamén lle gusta. 

Que é para vostede esta máscara?

Para mín as pantallas son case unha obsesión. Uha búsqueda para  reflexar en cada unha delas unha personalidade diferente dentro das súas similitudes. Ir adaptándose a evolución que foi tendo cos anos e xogar artísticamente na súa creación mantendo e respetando sempre o seu cerne. Busco a perfección en cada unha delas, e aínda así, nunca quedo satisfeito de todo. Esto tamén é un reto, unha motivación para seguir facendoas e tratar de mellorar na seguinte. 

Nun exercicio de memoria, bote a vista atrás para recordar os seus comezos na pintura.

O meu gusto pola pintura venme dende ben cativo. Penso que xa coas temperas que usaba nos primeiros anos escolares en Sandiás se vía que tiña unha habilidade especial, e ademais me gustaba. Como anécdota recordo que, xa estando en Vigo, pintaba nas mesas de clase e unha profesora chamou aos meus pais. Eu xa estaba mentalizado da rifa que iba ter pero ela quixo decirlles que tiña un don para a pintura e que debían potencialo. E aí foi cando comecei a ir a actividades extraescolares co pintor Manuel Cabaleiro con que, dende o seu estudio, aprendín os alicerces da pintura. Co tempo, e seguindo as miñas inquedanzas, seguín buscando outros mentores como Luis Romero ou Mingos Teixeira. 

Que técnicas emprega?

Sobre todo pinto ao óleo. É ao que máis versatilidade lle encontro, o que, dende o meu punto de vista, da mellores resultados e abre un campo máis grande para traballar. Pero tamén emprego acrílico, o carboncillo e aerógrafo. Con este último funme formando con varios cursos, de forma autodidacta, e con Alberto Munín, un pintor recoñecido neste ámbito que pintou para Harley Davidson, entre outros. Abriume horizontes que non tes cun pincel, sobre todo por temas de acabados. E co tema das máscaras de pantallas ofréceme un mundo de posibilidades.

Que busca plasmar nas súas obras?

A mín gústame o realismo, o tema da figuración sen que chegue a ser un hiperrealismo fotográfico. Tento plasmar sensacións, matices, estados de ánimo xogando co que os pinceis che permiten facer.

Sandiás 15/2/20
Portada vida a Roberto Nogueiras

Fotos Martiño Pinal

Como o consegue?

Acostumo a comezar cunha imaxe, unha foto en moitos casos, e a partir de aí entro no proceso de traballo. Con cada pincelada tento plasmar o que me transmite coa súa ollada, os seus beizos, o xesto, ou ben unha paisaxe... e non por elo ten que ser un fiel reflexo do que estou vendo. Quitando ou aportando certo matices acabo achegándome máis a personalidade, a esencia, do que estou a retratar. E polas críticas e comentarios que me chegan, creo que o vou conseguindo.

Que sensacións esperta en vostede a pintura?

Durante o proceso evadome totalmente. Estou tan só centrado en buscar “algo” co que poida quedar satisfeito. E aínda que nunca chegue a satisfación plena, o proceso de búsqueda é moi gratificante.

Canto tempo pode adicar a unha obra?

A verdade é que son bastante tardón (risas). É consecuencia de que son moi perfeccionista. Nunca estou conforme co acabado e doulle mil e unha voltas. Aínda que vou mellorando neste aspecto...

No verán expuxo “Orixes” no seu Sandiás natal, como se sentíu?

Con “Orixes” fixen unha pequena escolma de obras que pintei ao longo de varios anos. Podíanse ver dende retratos de xente e paisaxes de alí, a temática mariña e, por suposto, Entroido. Foi unha gran experiencia da que lle estou moi agradecido o Concello de Sandias e as máis de 500 persoas q se achegaron a mostra.

Unha pregunta para nota, que é para vostede o Entroido?

Liberdade.

Te puede interesar