FERIA DO VIÑO
O Ribeiro, un vino que une
TRADICIÓN
Un encontro con agrupacións e formacións galegas celebrado onte no Museo Etnolóxico de Ribadavia foi o escenario escollido pola Xunta de Galicia para anunciar os seus plans para a declaración da música e o baile tradicional como Ben de Interese Cultural (BIC). “Galicia non se entende sen a súa música e os seus bailes tradicionais”, dixo o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Manifestacións culturais que son “legado dos nosos devanceiros e que, agora, temos a obriga de conservalo, protexelo e legarllo ás xeracións futuras”, engadiu.
Acompañado do alcalde César Fernández, o delegado Manuel Pardo, así como os directores xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e de Patrimonio, María del Carmen Martínez, López Campos puxo de manifesto o “papel esencial” que tiveron en todo este tempo os colectivos e asociacións folclóricas, e agradeceu o seu “inquebrantable compromiso con este legado”.
O procedemento, que levará un máximo de 24 meses, persegue investigar, transmitir e protexer este legado inmaterial
O expediente, que mañá luns iniciará a Dirección xeral de Patrimonio Cultural, persegue lograr a máxima protección “acorde coa súa relevancia no noso patrimonio inmaterial” nun procedemento que deberá resolverse nun máximo de 24 meses.
A declaración levará implícito accións en tres ámbitos. Por unha banda, a investigación científica e académica; por outro a transmisión, ensino e sensibilización; e un terceiro grupo de medidas que estarán encamiñadas á protección, conservación, mantemento e revitalización. Para iso facilitarase desde a firma de convenios con entidades para a catalogación e dixitalización de arquivos, ata a colaboración cos docentes para a elaboración de materiais didácticos para a educación formal ou actuacións de sensibilización coas ANPAS para a súa inclusión nas actividades extraescolares.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FERIA DO VIÑO
O Ribeiro, un vino que une
FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO
O viño galego, un sector que se consolida cada ano
nuevas condiciones
Berán intenta adjudicar el balneario por 15 años
Lo último
Alfonso Villagómez
Por qué el Supremo ha juzgado a Ábalos
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Fillos da máquina
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
La princesa ilustrada
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 6 de mayo