Aberto o prazo para solicitar o Bono Concilia Familia

Niños en un campamento de Ourense
photo_camera Niños en un campamento de Ourense
Así son as medidas da Xunta para facilitar a conciliación laboral, como é o caso do Bono Concilia Familia

As necesidades de conciliación son cada vez maiores entre as familias, que en moitas ocasión teñen que facer malabares para atender o traballo sen descoidar a atención aos fillos, sobre todo no verán e noutras épocas do ano como a Semana Santa ou o Nadal nas que os centros educativos están pechados. Nos últimos anos, a Xunta de Galicia situou a conciliación entre os seus piares de actuación estratéxicos, poñendo á disposición dos fogares medidas encamiñadas a facer máis doado o seu día a día. Entre estas iniciativas está o Bono Concilia Familia, antes denominado Bono Coidado, que consiste nun apoio económico de entre 500 e 200 euros para que os pais fagan fronte aos gastos dun coidador no fogar ou dun servizo de conciliación, como pode ser un campamento de verán ou unha ludoteca.

O Executivo autonómico destina 1,5 millóns de euros ao Bono Concilia Familia, un 50% máis con respecto á convocatoria do ano pasado. Poden solicitalo os pais con fillos de ata 12 anos de idade e o prazo para facelo permanecerá aberto ata o vindeiro día 15 de setembro. As solicitudes pódense cursar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (sede.xunta.gal). A intención é atender todas as peticións que se reciban, como xa aconteceu na convocatoria do curso pasado na que se beneficiaron desta axuda ao redor de 5.000 familias.

A través do Bono Concilia Familia, os pais teñen unha axuda para cubrir as súas necesidades de conciliación en períodos non lectivos como son os meses de xullo e agosto, e tamén en calquera momento do ano ante imprevistos ou circunstancias puntuais que lles impiden ocasionalmente atender aos fillos. Así, os pais poden recorrer a esta axuda por motivos de enfermidade, tanto deles como do neno, por cuestións de índole laboral ou, por exemplo, porque teñen que quedar cun familiar que está no hospital.

Jacobo Rey, director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización demográfica

Jacobo Rey, director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización demográfica
Jacobo Rey, director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización demográfica

Jacobo Rey, director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, destaca a importancia de conciliar a actividade dos pais co coidado dos nenos durante estas datas de verán.

Para qué serven estas achegas?

A nosa idea cando concibimos este tipo de axudas económicas é que sirvan para ocasións puntuais nas que é necesario dar solucións ás necesidades de concilición das familias. É unha iniciativa enfocada a rapaces de máis de tres anos, xa que as escolas infantís están abertas durante estas datas. Xerar oportunidades de conciliación comeza realmente para as familias a partir do segundo ciclo de Infantil. O Bono Concilia Familia serve para que as familias non teñan que tirán nestas datas de outros apoios de conciliación, como poden ser os avós ou os amigos máis próximos.

Como ven de reforzarse esta iniciativa este ano?

Temos reforzada a cuantía desta iniciativa ata chegar a un millón e medio de euros. No 2022 chegamos a case 5.000 familias, e o noso obxectivo este ano é que todas as familias que solititen esta axuda poidan contar con ela para as súas necesidades de conciliación. É moi importante que conten cos xustificantes de ter realizado os pagos dos campamentos ou contratacións, xa que son imprescindibles para  recibir a axuda. Está a posibilidade de contratar a unha persoa para que coide aos fillos no domicilio familiar, con unha cuantía de ata 500 euros; ou 200 euros por fillo en actividades como campamentos de verán, campus didácticos e outras iniciativas que se utilizan cada vez máis especialmente nestes meses non lectivos.

Como é a demanda destas achegas?

É moi alta. Multiplicáronse por 5 nos derradeiros anos. Esta iniciativa é todo un éxito, polo que pasamos de un orzamento de un millón de euros en 2022 ata os 1,5 millóns nesta proposta de 2023.

Te puede interesar