VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
ENTREVISTAS DE VERÁN
Carlos Domínguez (Verín, 1998) marchou da casa fai seis anos, pero cada verán volve para reencontrarse coa súa xente e co lugar no que se sinte en paz. Garda moi bos recordos dos lugares nos que se criou: entre Verín e A Granxa (Oímbra), os seus grandes amores.
Que lle motiva a volver á casa?
Estar ca miña familia e cos meus amigos de toda a vida, ademais de desconectar da cidade e estar no campo, que me gusta moito. Encántame estar na Granxa, a aldea é ideal, e teño Verín ó lado con todos os servizos necesarios. Cando volvo é como volver ó pasado, cando eramos nenos e non había nada polo que preocuparse.
Hai diferenzas coa cidade?
O día e a noite. O malo do rural é que os servizos son menores que na cidade, pero están cubertos. A gran diferenza e que máis aprecio é a tranquilidade que hai no rural, en Madrid é imposible. Tamén os tempos, aquí rende moito máis que na cidade.
Gustaríalle volver á casa?
Pola situación laboral que teño é complicado, pero si que me gustaría. Ademais, miña moza é de Casas dos Montes (Oímbra), polo que a terriña chámanos moito. O que teño claro é que quero xubilarme na aldea, aínda que queda moito (ri). O que quero é vivir en Galicia.
Que é o que máis lle gusta de Verín e Oímbra?
De Oímbra, coller o can e pasear no monte sen ruídos. En Verín estar cos amigos e aproveitar ó tempo. Eu aquí veño de vacacións polo que todo se ve bonito.
Que lugares son visita obrigada na comarca?
En Oímbra as vistas que hai na Santa Ana son privilexiadas, nos recunchos do río Búbal tamén se está de marabilla. En Verín os balnearios das augas. E xa na comarca é parada obrigatoria o Castelo de Monterrei, que os de aquí non o apreciamos tanto porque imos cada pouco, pero é unha pasada a verdade.
Vexo que é fan do rural…
Por suposto. Encántanme as aldeas, en especial a miña, A Granxa. Galicia en xeral é máxica, teño claro que quero volver para aquí e deixar a “gran cidade”. Algún día fareino.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas