SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
O Entroido de Laza -que xunto con Verín e Xinzo conforman o Triángulo Máxico-, reinvéntase , e entre unha serie de iniciativas que darán comezo a vindeira semana a través das plataformas dixitais, este xoves as aldeas de Laza anoitecían con tres novos veciños.
Ricardo, Joaquín e José Benito, tres mecos que os veciños de Laza quixeron deixar en Cimadevila, na Rúa e en Souteliño, pasarán a acompañar aos veciños e veciñas lazanos durante estas datas tan sinaladas na localidade.
Esta iniciativa, que coincidía co xoves de compadres, é unha maneira de visibilizar o Entroido que por mor da crise sanitaria do covid non se vai celebrar.Estes mecos que se deixaron en diferentes núcleos rurais do Concello de Laza son a antesala dunha serie de propostas que lembrarán esta celebración lazana durante os vindeiros días.
Na situación sanitaria actual, levar a cabo proxectos de forma presencial é complicado -por non dicir imposible-, polo que asociacións, grupos, empresas e demais colectivos buscan a maneira de reinventarse.
Isto é o que aconteceu coa proxección de Entroidar, un documental que fala sobre o Entroido de Laza, que contou coa colaboración dos veciños lazanos e en especial de Xacobo Novoa e Iris Justo, dous mozos de Laza e Verín con gran interese no audiovisual e no Entroido.
Entroidar, de Pablo Ces, foi presentado no FIC de Verín, e agora, con motivo das datas de Entroido, comeza a percorrer diferentes camiños.
Nos vindeiros días poderá visualizarse en diferentes entidades, todas de maneira online a través das redes. A primeira cita é este sábado, ás 11:00 horas da man da Asociación Xirandela. O domingo, ás 12:30 horas será o turno da Agrupación Rosalía de Castro, e ao longo da próxima semana serán varios centros educativos os que amosen este documental aos alumnos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
LUCHA CONTRA INCENDIOS
La base de Verín-Oímbra cuenta con nuevo avión
Lo último
"dos grupos con 180.000 seguidores"
Los documentos desclasificados revelan que el CNI alertó de un "asalto" a Ceuta antes de la entrada masiva de migrantes