O Concello de Verín instala un novo mural entroideiro na Praza García Barbón
Ante a cancelación do Entroido, o Concello de Verín chama á responsabilidade cun mural xigante que pon ao Entroido en pausa
Dende o mediodía deste mércores, a Praza García Barbón recolle un mural cunha clara idea: "A nosa responsabilidade colectiva debe poñernos en "pause" este Entroido". Con isto, o Concello de Verín quere enviar a todos os seus veciños unha mensaxe de esperanza, de confianza no futuro e de paciencia e contención nas presentes datas.
Dende a casa consistorial, tras colocar o mural na praza da vila do Támega, aseguran que "pause non é stop, senón que é agardar, reservar, aplazar, postergar, demorar, prorrogar, pero en ningún caso abandonar". Debido á situación sanitaria actual, dende o Concello de Verín procuran xeitos simbólicos de lembrar o Entroido -patrimonio cultural- e insisten en "facer da paciencia máis virtude ca nunca".
"A mellor homenaxe que se lle pode facer á nosa celebración máis querida é cumplir coas normas sanitarias", aseguran dende o grupo de goberno municipal, a diferenza doutras épocas históricas, nas que a rebeldía e a trangresión foron en si mesmas o xeito de manter vivo o Entroido.
A colocación deste mural, que ten por protagonista ao Cigarrón e un botón de pausa, na Praza García Barbón -esceario central desta celebración e punto de concentración de millerios de persoas- quere simbolizar que "todos estamos alí, aínda que cada un desde o noso corazón, cumprindo coa nosa responsabilidade para voltar con máis forza cando sexa posible", engaden dende o Concello, que remarcan que "o Entroido só está en "pause" e nunca en off".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
El último intento
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este domingo, 25 de octubre
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
La piel fina