RELEVO ASEGURADOA
O futuro da comarca de Monterrei desfila o seu enxeño
Entroido
Debido a cancelación do Entroido 2021, Turismo de Laza decidiu reinventarse e manter viva a chama do Entroido. Para iso, ademais da primeira toma de contacto con esta nova forma de vivir esta festividade na que os veciños e veciñas de Laza deixaron por diferentes aldeas tres mecos, Turismo de Laza vén de anunciar catro iniciativas para contribuír a manter presente a esencia do Entroido.
O ano pasado xa se fixo un concurso de imaxes sobre o Entroido, polo que dende este grupo queren seguir unha dinámica similar e xogar coa fotografía. A primeira das iniciativas consiste en capturar a imaxe dunha máscara de Peliqueiro cun fondo branco, tendo como resultado unha montaxe de todas as publicacións.
Respectando as normas vixentes, outra proposta é sacar unha foto dende a casa cos convivintes ou individualmente promocionando os produtos estrela, o xastré e a bica.
A terceira das iniciativas ten por nome "selfie na Picota". A idea é fotografarse na Praza da Picota, co pensamento de que aínda que este ano estará baleira, para o próximo Entroido os lazanos e lazanas deben collelo con máis forza.
E por último, o "Entroido no tempo", que consiste en publicar fotos doutros anos desta celebración ou, incluso, dos carteis ao longo da historia do Entroido lazano.
Ademais, os habitantes do Concello de Laza decidiron colgar na Praza da Picota unha pancarta similar á que lucía na mesma praza a finais dos 70 e principios dos 80, e que Antonio Muñoz Carrión, creador do traballo "Laza: Entroido de mi memoria", fotografou naquela época.
"O Entroido d'eiquí vive" é o lema que queren facer soar os lazanos neste ano tan "atípico" sen Entroido.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RELEVO ASEGURADOA
O futuro da comarca de Monterrei desfila o seu enxeño
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”
FIESTA GASTRONÓMICA
A disfrutar del “xantar da cachucha”
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 21 de febrero?