As gaitas do mundo xa soan dende Monterrei
Flariz inaugurou a Xuntanza Internacional de Gaiteiros, que continuará este sábado no Castelo
Flariz foi o punto de encontro para dar por inaugurada a XXXVIII Xuntanza Internacional de Gaiteiros. Esta pequena aldea do concello de Monterrei recibiu onte á Banda de Gaitas de Flariz, Louis Abgrall e Michel Jammet provenientes de Bretaña, Murad Tavartkiladze de Xeorsxia, Harpe Diem dende Asturias e ao zamorano Luis Antonio Pedraza. Estes músicos fixeron bailar aos presentes e puxeron en valor a música tradicional galega e a gaita.
Unha cita a que non faltaron os amantes da gaita da comarca. Foi a antesala do que será hoxe o día grande da Xuntanza de Gaiteiros, que se celebra no Castelo de Monterrei. A cita comezará ás 11,00 horas cun curso de técnica de Uilleann Pipe a cargo de Alexander Suárez, para continuar ás 12,00 horas cun homenaxe ao produtor musical Nonito Pereira no Hospital da Trindade. Máis alá de variadas conferencias, exposicións fotográficas e talleres, a música protagonizará a xornada a partir das 19,00 horas. Na explanada do Castelo farán soar as gaitas unha vintena de agrupacións.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último