Luis Congil: "A historia común con hispanoamérica é unha gran oportunidade na terra vinícola de Monterrei"

ENTREVISTA

O xornalista presentará o libro "La maravillosa historia del vino en Galicia" este sábado na Igrexa parroquial de Verín, ás 11,30 horas

O xornalista Luis Congil. (Foto: Miguel Ángel).
O xornalista Luis Congil. (Foto: Miguel Ángel).

O xornalista Luis Congil (Ourense, 1971) presentará este sábado a las 11,30 horas, con motivo da XV Feira do Viño de Monterrei, presentará na Igrexa parroquial de Santa María A Maior de Verín o seu libro "La maravillosa historia del vino en Galicia", un relato sobre o único antigo reino do mundo que leva o viño na bandeira.

No libro non falta a historia de Monterrei nin a de Monterrey (México) na outra punta do mundo, cal é a súa relación?

O reinado de Zúñiga aquí chegou a aquela zona, e polo seu “humanismo”, foi unha persoa qeurida en América, dando o nome de Monterrei a diferentes puntos do continente. Zúñiga deixounos un legado e unha oportunidade para contarlle a historia aos que alí viven, e son unha demanda potencial para os viños de Monterrei e, por suposto, unha vía de penetración en todo o mercado hispanoamericano e norteamericano.

A Denominación de Orixe Monterrei ten 12 millóns de clientes potenciais esperando a qeu o descubran en función da súa historia, vínculos comúns e en función de ter un mesmo produto e un mesmo nome cunha historia común en dúas partes do mundo que quedan ben lonxe. Algo que é practicamente ignorado. Un coñecemento mútuo pode abrir un abano múltiple de posiblidades.

Zúñiga.
Zúñiga.

Como podemos alcanzar esa proxección internacional?

A relación co Monterrey mexicano é un vector dun potencial crecemento brutal. O viño é cultura, é xente que lle gusta coñecer os territorios. Simplemente despertando a cruiosidade polos outros “monterreis” e explicando de onde veñen é unha oportunidade que abre as portas a un mercado maior. Un coñecemento mútuo pode abrir un abano múltiple de posibilidades.

Soamente a cidade de Monterrey (México), "la sultana del norte" como se coñece, é a segunda cidade industrial de México, ten a renta per cápita máis alta de todo México. Son sete millóns de habitantes nunha cidade que leva o noso mesmo nome. É algo incrible.

Ruta do viño de Monterrey (México).
Ruta do viño de Monterrey (México).

Tamén define á DO Monterrei como a outra Ribera del Duero...

É unha metáfora para explicar que somos viños galegos, que temos unha representación das variedades galegas, case a selección do millor de todas as denominacións galegas Somos como unha moi boa representación do panel de variedades de toda Galicia.

Pero máis alá diso, temos unha climatoloxía e xeografía que nos permiten dicir que podemos ofrecer algo máis incluso. O río Támega é afluente do Duero, pero e que ademais, pola climatoloxía como pola pluviosidade, somos un territorio de transición e temos algunhas características que son atlánticas e outras que son como as rexións interiores de España, o cal nos dá todavía máis riqueza.

No século XX os viñedos víronse afectados por varios factores, ese mal momento resultou ser, finalmente, algo positivo para a denominación?

Foi moi contraditorio en todo o territorio galego. Arrancamos o consumo do viño entendido como alimento, agora ten un compoñente lúdico e cultural. Galicia entra en 1900 cun consumo anual per capita de 90 litros e está hoxe en nove. Era algo brutal. Na nosa comarca o século XX tivo tela, polas pestes que asolaron o mapa vitícola galego, a crise do 29, que acabou coa exportación dos viños que se exportaban a sudamérica, a emigración, a crise.. Un circulo que fixo que se comezaran a poñer variedades diferentes con peor calidade, levándonos ó nivel máis baixo posible dos viños.

Foi o cooperativismo agrario de mediados do século XX o que comezou cun lento proceso de tecnificación, e costou moito, pero o final chegamos a esta segunda idade de ouro na que estamos. Esa parte mala, o contraditorio do XX está, afortunadamente, superadísima.

E todo na denominación máis nova de Galicia.

Efectivamente. Con un pouco máis que un cuarto de século de historia, Monterrei é a denominación máis nova, pero a cultura do viño e as manifestacións artísticas que acreditan que había singularidade e presencia desta cultura vén de atrás. Temos o Dionisos e Ampelos na Quinta da Muradella en Mourazos (Verín), que representaban o viño. É un indicio directo de que a cultura do viño ten dous mil anos en Monterrei. Un cuarto de século fronte a dous mil anos é unha evidencia moi bonita e singular.

Cales son as peculiaridades da DO Monterrei?

O seu carácter de transición respecto á climatoloxía e as súas variedades de uva. Isto fai a Monterrei distinto ao resto das denominacións galegas.

E en xeral, cal é a intención do libro?

Eu quería que se percibise que a historia é un valor engadido. Presentar o viño como un produto que leva unha historia emparellada. Enlazar a súa historia para deixar claro que o viño e o seu relato teñen outros elementos que os que van simplemente dentro da botella, dan un valor engadido. Sobre todo consolidar o valor de marca como un territorio de prestixio dentro do mundo vinícola nun territorio concreto.

Un exemplo de como facer valor engadido ca historia no mundo do viño é Casa Madero, unha bodega en México que no seu diseño de marca o que di esa adega é que é a adega mais antiga de América. Ese é o camiño, o que é facer valor engadido coa marca.

Contenido patrocinado

stats