En marcha o Plan Municipal de Abastecemento Autónomo de Oímbra

oímbra abastecemento xunta de galicia
photo_camera A reunión celebrouse na casa consistorial de Oímbra. (Foto: cedida).
A Xunta presentou o proxecto neste municipio, cun investimento de 150.000 euros

O Plan Municipal de Abastecemento Autónomo de Oímbra xa é unha realidade. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, presentou, na tarde do martes, o proxecto. O  Concello de Oímbra foi un dos seis municipios seleccionados pola Xunta para levara  cabo este programa piloto.

Mediante esta iniciativa, o departamento que preside Ethel Vázquez trata de dotar as entidades locais de información sobre o nivel de garantía do abastecemento de auga potable á súa poboación e dun instrumento de planificación para a mellora da prestación deste servizo, de competencia municipal. 

No encontro, no que estivo presente a alcaldesa Ana Villarino, técnicos de Augas de Galicia deron a coñecer as liñas básicas desta iniciativa, dotada con 150.000 euros neste concello, e recolleron información sobre a rede e as infraestruturas existentes cos propietarios e representantes das traídas veciñais e das comunidades de usuarios de augas. 

Nesta fase inicial do proxecto están a manterse reunións cos veciños e representantes das traídas municipais dos seis concellos que participan na iniciativa -Oimbra, San Xoán de Río, Mondariz, Oia, Cededo-Cotobade e Baleira-.

Así, está a facerse unha recompilación de información por parte dos técnicos de Auguas de Galicia de mans dos responsables das traídas co obxectivo de realizar un inventario e estudo dos sistemas de autoabastecemento. 

Pasos futuros

Tras recadar todos os datos, acometerase unha análise desta información recollida e farase unha proposta de melloras para adoptar nestas redes de subministración de auga potable e, finalmente, elaborarase o documento do Plan Municipal de Abastecemento Autónomo que recollerá as pautas, requisitos e necesidades para este tipo de traídas. 

Esta iniciativa da Xunta persegue mellorar o coñecemento sobre os sistemas de abastecemento autónomo e promover as actuacións necesarias para garantir unha autoxestión sostible e segura. 

A Xunta destina un investimento de 900.000 euros para desenvolver estes plans, que teñen como obxectivo achegar aos usuarios deste tipo de sistemas de abastecemento as claves para unha autoxstión sostible, segura e resiliente, que poida ser exportada a outro tipo de sistemas de autoabastecemetno de Galicia.

Te puede interesar