FUTURA VARIEDAD
La D.O. Monterrei trabaja para unirse a los espumosos ourensanos
AXUDAS PARA OS AUTÓNOMOS
O Partido Popular de Verín, ante a actual situación sanitaria, pídelle ao grupo de goberno municipal que valore a opción de buscar formas para axudar ao sector productivo do concello. Juan Manuel Jiménez, portavoz do PP, asegura que "se hai un sector tremendamente afectado é o da hostalería, e estes requiren unha resposta integral, coa implicación de todas as administracións públicas".
Aínda que o Concello de Verín puxo en marcha unha axuda de 300 euros -algo que supón un gasto total de 36.000 euros aproximadamente-, Jiménez Morán considera "insuficiente esta axuda". O popular cre que "hai unha serie de actividades e incluso inversións que son prescindibles nuns momentos no que o importante é apostar polas persoas e por manter a actividade económica no noso municipio".
Así, baixo esta premisa, este xoves os populares de Verín presentaron unha moción para proporlle ao grupo de goberno que, con cargo a diversas partidas que "non se utilizaron nin se van empregar -250.000 euros neste 2021-, se aprobe e se implante unha serie de medidas".
Entre as medidas que propón a oposición atópase a exención da taxa do lixo aos establecementos que tiveron que pechar, a bonificación das taxas de auga e saneamento para familias en situacións de vulnerabilidade, así como aplicar a exención do canon de saneamento aos establecementos que cumpran os requisitos.
Os populares tamén ven conveniente realizar un estudo previo respecto a autónomos, pequenas e medianas empresas que notaron a súa actividade prexudicada durante o estado de alarma, para buscar a posibilidade legal de establecer axudas, "sempre que exista dispoñibilidade orzamentaria", remarca Jiménez. Ao mesmo tempo que o apoio á comercialización de produtos locais a través de novas tecnoloxías e a aplicación dos tipos mínimos legais de diferentes impostos.
Ademais, para favorecer a promoción económica e o asentamento de novas empresas, o Partido Popular considera oportuno "facer un plan de medidas fiscais e subvencións para compra de solo empresarial, así como diminuír o imposto de contrucións ás cifras mínimas que permita a lei".
O PP xa propuxo no pleno do 4 de maio de 2020 unha moción de urxencia para paliar os efectos económicos negativos da pandemia, que foi rexeitada polo bipartito. Dita proposta volveuse levar a pleno cando se debatiu sobre os orzamentos para 2021, recibindo a mesma resposta por parte do grupo de goberno.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FUTURA VARIEDAD
La D.O. Monterrei trabaja para unirse a los espumosos ourensanos
CIENTOS DE VECINOS
Los mayores son protagonistas en Albarellos con su XIV Xuntanza
Lo último
Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
La inteligencia artificial
32.000 OURENSANOS ATENDIDOS
La enfermería domiciliaria supera las 57.000 consultas en Ourense
DISEÑO LOCAL
La solidaridad está de moda en Allariz