A Deputación de Ourense garantirá os servizos na Mancomunidade

COLABORACIÓN

O presidente da Deputación comprometeuse a apoiar á Mancomunidade do Carballiño para garantir a prestación dos seus servizos

El presidente, Fernando Rodríguez Redondo, en las instalaciones de la Mancomunidad.
El presidente, Fernando Rodríguez Redondo, en las instalaciones de la Mancomunidad.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo un encontro de traballo onte pola mañá no Pazo Provincial co presidente da Mancomunidade do Carballiño, Fernando Rodríguez Redondo.

Durante a charla, ámbolos representantes abordaron posibles solucións á “complexa situación” que atravesa este organismo, por mor do reducido número de concellos que o integran.

"Garantir a prestación"

Neste contexto actual, o presidente provincial comprometeu o apoio da Deputación á Mancomunidade co obxectivo de garantir a prestación dos seus servizos, e puxo como exemplos a atención temperá, a axuda no fogar ou o de desbroces nos concellos de Boborás, Beariz, O Irixo e San Amaro, adheridos a este organismo, así como para potenciar a súa presenza na comarca.

Contenido patrocinado

stats