GASTO NAVIDEÑO
Carballiño lanza 1.000 bonos de 20 euros para compras
O prazo de solicitude para financiar os primeiros gastos da actividade dos traballadores por conta propia a través de dúas liñas que suman un orzamento de 28,9 millóns de euros manterase aberto ata o día 30 de setembro. Neste total inclúese unha partida de 9,6 millóns de euros para subvencionar ao 100% a cota reducida dos novos autónomos durante os 12 primeiros meses de actividade.
Así o transmitía a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, que visitou onte a empresa Frigoríficos Arcos, no Carballiño, onde puxo de relevo os apoios autonómicos ás persoas traballadoras autónomas.
Alí, destacou que xa se contabilizan máis de 2.100 solicitudes de profesionais que queren optar ás axudas para a promoción do emprego autónomo, incluída a cota cero para novas altas.
O Diario Oficial de Galicia publicou este pasado luns outros dous programas de axudas ao emprego autónomo que suman 9,5 millóns de euros.
A conselleira destacou o traballo do Polo de emprendemento do Carballiño. Así, das máis de mil persoas emprendedoras atendidas en toda Galicia, arredor de 240 proxectos foron asesorados en Ourense e, deles, preto de 80 pasaron polo Polo do Carballiño. Das persoas emprendedoras que acudiron ao centro, o 55% son mulleres e o 45% homes. Con todas realizáronse 190 titorías.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GASTO NAVIDEÑO
Carballiño lanza 1.000 bonos de 20 euros para compras
CULTURA Y LITERATURA GALLEGA
El Instituto de Estudios Carballiñeses saca nuevo número de su revista
AÑO CASTELAO
Agua y conocimiento brotan en “A Insua dos Poetas”
Lo último
UNA FACTURA DE 600.000 EUROS
“Es el mayor disparate que he visto en 30 años”
SOLIDARIDAD EN OURENSE
Cien voluntarios contra el cáncer se citan en Ourense
CARRETERA PROVINCIAL
Malestar ante el aluvión de multas por aparcar en la travesía de Riós
PROTAGONISTAS DE LA SANIDAD PÚBLICA
Atención Primaria, trabajo en equipo que mejora la salud de la comunidad