UNA IMPRENTA Y UN PERIÓDICO
Un escaparate que es historia
Francisco Gil Fernández, periodista e escritor relacionado coa enoloxía e gastronomía, imparte hoxe unha charla no Museo do Viño de Galicia (Ribadavia) sobre “Os viños galegos nos grandes concursos internacionais. Unha década de éxitos crecentes”, ás 18,30 horas.
No Ribeiro, “temos que dicir que, se ben foi Rías Baixas a pioneira en participar nos concursos internacionais, e de feito a primeira medalla de ouro que logra un viño branco español no concurso de Burdeos foi para Condes de Albarei en 1991, a partir da crise de 2008 foi crecendo a participación dos viños ourensanos ate chegar a lograr máis medallas que Rías Baixas, que posúe máis viñedos e adegas que o resto das DO galegas xuntas”, matiza Francisco Gil.
Nese sentido, sinala que “o caso máis significativo este ano, é o viño do Ribeiro, Ramón do Casar, que logra o premio ao mellor viño branco de todo o mundo no Challenge International du Vin de Burdeos e o premio Alimentos de España do Ministerio de Agricultura ao mellor viño de España e o maior número de medallas nos concursos nacionais e internacionais”. Por iso, afirma que “a Treixadura, xa compite sen complexos co Albariño como xa o facía hai uns anos o Godello”.
Considera que “a participación dos viños galegos nos grandes concursos internacionais reflicte a súa historia recente. Os primeiros éxitos, na década de 1990, coincide co rexurdir dos viños brancos a partir da recuperación das variedades tradicionais”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNA IMPRENTA Y UN PERIÓDICO
Un escaparate que es historia
DENOMINACIÓN DE ORIGEN
O Ribeiro reactivará viñedos para aumentar su producción
PROYECCIÓN INTERNACIONAL
El Instituto Cervantes dará un impulso al legado sefardí en Ribadavia
Lo último
PODCAST Y VÍDEO
EL PRIMER CAFÉ | Sábado, 13 de diciembre
SIN SANCIÓN PARA LA TRABAJADORA
El juez anula la sanción que impuso el Colexio da Avogacía de Ourense a una empleada
54 GARAJES EN TODA LA CIUDAD
Locura por los garajes: el precio llega a 50.000 euros en Ourense